sábado, 21 de septiembre de 2013

CHARADA

Co gallo da sesión número 100 o venres 27 de setembro convidarémosvos a uns pinchos antes da proxección da película CHARADA. Ademais proxectaremos unha curta de Alfredo Pardo titulada "LOLA" e contaremos coa súa presenza.

CHARADA
113 MINUTOS
VENRES 27 de SETEMBRO de 2013 
20:00h
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
bono 5 peliculas por 10€ (parados/estudantes/xubilados) e 20€ (traballadores)
auditorio municipal de carballiño


 SINOPSE

Tras pasar unhas vacacións nunha estación de esquí onde coñece a Peter Joshua, Reggie Lamper vai pedir o divorcio do seu marido. Pero cando chega a París descobre que foi asasinado e o seu apartamento está baleiro.


Na embaixada americana infórmana de que seu marido, xunto con outros cómplices, terían roubado un cuarto de millón de dólares ao goberno dos Estados unidos. Reggie meterase nunha trama onde cada vez será mais difícil saber en quen confiar.

                                                                                                 FICHA

Dirección: Stanley Donen
Guión: Peter Stone e Marc Behm
Producción: Stanley Donen e James Ware
Dirección de Fotografía: Charles Lang Jr.
Deseño de Producción: Jean D’Eauborne
Montaxe: James Clark
Música: Henry Mancini


TÉCNICA

Título orixinal: Charade
Duración: 113’
Ano: 1963
País: Estados Unidos
Idioma: Español
               
FICHA  ARTÍSTICA
               
Cary Grant
Audrey Hepburn
Walter Matthau
James Coburn
George Kennedy
Ned Glass
Jacques Marin
Paul Bonifas


Galardóns:

·   BAFTA: Mellor Actriz Británica (Audrey Hepburn)



O director, Stanley Donen (Columbia, Carolina do Sur, EEUU, 1924)
 
Xa dende rapaz Stanley Donen acudiu a clases de danza e debutou en Broadway aos 17 anos. Coa axuda do produtor Arthur Fred e o actor Gene Kelly tivo a oportunidade de irse a Hollywood para dirixir os musicais Un día en Nueva York (1949), Cantando bajo la lluvia (1952) e Love Is Better than Ever (1952), que revolucionaron o xénero.
Tras dirixir outras comedias musicais coma Siete novias para siete hermanos (1954) ou Una cara con ángel (1958) posteriormente orientouse cara á comedia pura, onde amosou a súa elegancia e talento na dirección de actores en películas coma Charada (1963) ou Dos en la carretera (1967).






CRITICAS

“Comedia de intriga chea de refinados ambientes que explota a química das súas estrelas” (Fernando Morales, El País)
“Unha montaña rusa na que van alternándose momentos dramáticos e divertidos, perfectamente engarzados, sen solución de continuidade, de sorpresa en sorpresa ata a derradeira escena” (Juan Carlos Rivas, Dirigido por…)
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/925925.html http://www.criticalia.com/pelicula/charada/1389 http://spauld.blogspot.com.es/2005/06/ms-all-de-hitchcock-charada.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años