domingo, 22 de septiembre de 2013

A PUERTA FRÍA

A PUERTA FRÍA
80 MINUTOS

VENRES 4 DE OUTUBRO DE 2013
20:00 (ESPAÑOL) E 23:00 (VOSE)
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
ENTRADA INDIVIDUAL POR 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS OU 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ PARA TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO

SINOPSE
Salva é un vendedor sevillano en apuros que non sabe como solucionar os seus problemas: de ser un vendedor estrela a estar a un paso do despido. Nunha feira de ventas coñece a Inés, unha bela azafata de congresos á que pide axuda. Ambos organizan un plan no que está implicado un americano.
Todo dentro dun mundo que amosa a deslealdade dun sector indiferente con aqueles que foron imprescindibles.
     FICHA
Dirección: Xavi Puebla
Guión: Xavi Puebla e Jesús Gil Vilda
Producción: Ernesto Chao
Dirección de Fotografía: Maura Herce Mira
Deseño de Producción: Lala Obreo
Montaxe: Jorge Suárez

TÉCNICA
Título orixinal: A puerta fría
Duración: 80’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español e VOSE
FICHA ARTÍSTICA
Antonio Dechent
María Valverde
Nick Nolte
José Luís García Pérez
Héctor Colomé
Sergio Caballero
José Ángel Egido
               




Galardóns:
·   Festival de Málaga: Premio da Crítica e Mellor Actor (Antonio Dechent)


O director, Xavi Puebla (Barcelona, España, 1969)

Comeza a escribir guións dende os 16 anos, idade na que tamén comeza a estudar Dirección Cinematográfica. En 1993 licénciase  en Ciencias da Información, e posteriormente cursa estudios de Dirección e Guión no Centre d’Estudis Cinematográfics de Cataluña, onde realiza as súas primeiras curtametraxes, ademais de colaborar noutras películas coma axudante de dirección, script e xefe de produción.
Debuta no mundo das longametraxes con Noche de fiesta (1999), producida integramente pola escola de cine. É recibida favorablemente nos festivais de Roma e Annecy, entre outros. No 2008 dirixe a súa segunda película, Bienvenido a Farewell-Gutmann.

Dende o ano 2000 imparte clases de Dirección, Guión e Historia do cine no Centre d’Estudis Cinematográfics de Cataluña.


CRÍTICAS

“Retoma os discursos de Miller ou Mamet e introdúcelles variacións. Película notable, dura e, probablemente, inadvertida” (Eduardo Galán, Cinemanía)
“Un descarnado, preciso e contundente drama ao que non lle sobra nin un só plano, nin un só minuto” (M. Torreiro, Fotogramas)
“Unha desas películas lamentablemente estrañas no actual cine español: aquelas que fenden o coitelo na realidade e nos devolven a nosa propia imaxe” (Javier Ocaña, El País)

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/210742.html http://www.elantepenultimomohicano.com/2013/03/critica-puerta-fria.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años