lunes, 21 de mayo de 2012

V de VIKINGLAND

venres 25 ás 20:00 e 23:00
auditorio municipal de carballiño
Contaremos coa presenza do seu director: Xurxo Chirro
SINOPSE
 Mariñeiros galegos traballan nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un deles merca unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros durante unha morea de travesías ao longo dunha inverneira.
Documento sobre a emigración galega no Norte de Europa.

FICHA

Dirección: Xurxo Chirro
Guión: Xurxo Chirro
Producción: Beli Martínez
Produtora: Filmika Galaika S.L.
TÉCNICA

Imaxe: Luís Lomba
Música: Seném Outeiro
Supervisión: J. A. Cascudo


               
               
                               Duración: 99’
                               Ano: 2011
                               País: España
                               Idioma: Galego

O director, Xurxo Chirro (A Guarda, España, 1973)

Licenciado en Historia da Arte pola USC, traballou para a Axencia Audiovisual Galega e a AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas. Guionista e director dos documentais «36/75″ e «13 Pozas» (2009) e «Cellular Movie» (2010).


“Nada se pode dar por perdido para a Historia” (W. Benjamín). As imaxes orixinais posúen un alto potencial testemuñal mais están altamente afectadas pola deriva tecnolóxica. Recuperáronse para volver a vivir a experiencia esgotadora do traballo duns mariñeiros que se atopan lonxe do seu fogar. Esta posta en valor de imaxes de VHS en tempo da HD pode considerarse unha provocación. Si. O filme é unha loita para evitar que o tempo siga minguando a memoria milagrosamente inserida na fraxilidade dos soportes audiovisuais. “Vikingland” é unha nova oportunidade para dar conta de algo que todos daban por perdido.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                          Xurxo Chirro



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años