martes, 15 de mayo de 2012

A INVENCIÓN DE HUGO VENRES 18 DE MAIO

PROXECCIÓN VENRES 18 DE MAIO

"A INVENCION DE HUGO"
VENRES 18 DE MAIO DE 2012
17:00  E 20:00 E 23:00 A 2€ E 4€
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE



Hugo é un rapaz orfo que vive agochado nunha estación parisina nos anos 30. Aprendeu de seu pai e do seu tío a reparar reloxos e outros chismes.

Tras a morte de seu pai, o único que este lle deixa e un automatón (un boneco mecánico) que non funciona sen unha chave, que Hugo necesita encontrar para resolver o misterio que el cree que contén o robot.

Nas súas correrías, atópase cun dependente dunha tenda da estación, e a súa  filla adoptiva. E ambos semellan ter algo que ver co automatón que lle deixara seu pai….

FICHA TÉCNICA


Dirección: Martin Scorsese Guión: John Logan, baseado no libro de Brian Selznick
Producción: Johnny Depp, Tim Headington, Graham King e Martin Scorsese
Producción Executiva: David Crockett, Barbara deFina, Christi Dembrowski, Georgia Kacandes, Emily Tillinger Koskoff e Charles Newirth
Dirección de Fotografía: Robert Richardson Música: Howard Shore Vestiario: Sandy Powell
Maquillaxe:  Polly Fehily e Mandy Gold Deseño de Producción: Dante Ferreti
Montaxe: Thelma Schoonmaker Música: Howard Shore Vestiario: Sandy Powell
Maquillaxe:  Polly Fehily e Mandy Gold


Duración: 127’
Ano: 2011
País: Estados Unidos
Idioma: Español


GALARDÓNS


  • Premios Óscar: 5 galardóns, entre eles: Mellor Fotografía e Efectos Visuais
  • Premios BAFTA: Mellor son e Deseño de Producción
  • Globos de Ouro: Mellor Director




O director, Martin Scorsese (Nueva York, EEUU, 1942)
Graduado no que dende neno foi a súa paixón, o cine, pola universidade de Nueva York en 1964, en seguida o director e produtor Roger Corman fixouse nese talentoso rapaz de Queens. Dentro da produtora de Corman rodou as súas primeiras longametraxes: El tren de Bertha (1972) e  Malas calles (1973). Nelas xa se intuían algúns dos temas que amosaría ao longo da súa carreira: solitarios loitando contra os seus demos interiores, violencia catártica, bandas sonoras coidadas, e Nueva York. Taxi Driver (1976) foi o culmen deses primeiros anos. Posteriormente virían Toro salvaje (1980), La última tentación de Cristo (1988), Uno de los nuestros (1990), El cabo del miedo (1991), ou Gangs of New York (2002) que, entre outras e xunto coa súa labor de produtor e de recuperación e conservación do cine clásico estadounidense, fixeron del unha das figuras mais relevantes do cine americano.

“A última película de Scorsese é a da historia da fermosa recuperación do cine” (Sergi Sánchez, La Razón)

Scorsese ofrece un relato con sabor dickensiano e toques de slapstick, de ritmo visual frenético grazas ás novas tecnolixías dixitais” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años