lunes, 7 de mayo de 2012

HABEMUS PAPAM VENRES 11 DE MAIO

PROXECCION VENRES 11 DE MAIO DE 2012

HABEMUS PAPAM

VENRES 11 DE MAIO 20:00 E 23:00
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE


Tras a morte dun Papa, bispos, arcebispos e cardeais de todo o mundo reúnense en conclave para elixir ao seu sucesor. Despois de varias votacións infrutuosas, que se anuncia coa fumareda negra, vese por fin a “fumata bianca”, que indica que “habemus Papam”. 



Despois de varias votacións infrutuosas, que se anuncia coa fumareda negra, vese por fin a “fumata bianca”, que indica que “habemus Papam”.

Os fieis que se congregaron na Praza de San Pedro esperan con entusiasmo que o novo pontífice se asome a unha das fiestras que dan a Praza. Porén, esperan en van.



Por algunha razón, o novo Papa semella non estar en condicións de soportar o peso de tal responsabilidade.



FICHA

Dirección:
Nanni Moretti

Guión: Nanni Moretti, Francesco Piccolo e Federica Pontremoli
Producción: Jean Labadie, Nanni Moretti e Domenico Procacci
Dirección de Fotografía: Alessandro Pesci
Deseño de Producción: Paola Bizzarri
Montaxe: Esmeralda Calabria
Son: Alessandro Zanon e Andrea Caucci

TÉCNICA

Música: Franco Piersanti
Vestiario: Caterina Micheli
Maquillaxe:  Raffaella Iorio e Silvia Persica

Duración: 104’
Ano: 2011
País: Italia
Idioma: Español

FICHA  ARTÍSTICA
Michel Piccoli
Nanni Moretti
Margheritta Buy
Jerzy Stuhr
Renato Scarpa
Roberto Nobile
Franco Graziosi
Massimo Dobrovic
Leonarod Della Bianca




TRAILER


O director, Nanni Moretti (Brunico, Italia, 1953)



Os seus comezos coma realizador remóntanse a 1973, coa curtametraxe La derrota, onde xa se amosan dúas das características básicas do seu cine: a política e o humor. En 1976 roda a súa primeira película: Soy un autárquico. Ese mesmo ano iniciase tamén coma actor nas longametraxes, ás ordes dos irmáns Taviani, con Padre padrone. Continuaría alternando esa dobre faceta durante anos, ata que en 1993, con Caro diario salta á fama internacional ao gañar  o premio ao Mellor Director no Festival de Cannes.

Posteriormente dirixe outras películas que o afianzan coma un dos mais recoñecidos directores italianos dos últimos anos: Abril (1998), La habitación del hijo (2001) ou un fragmento da longametraxe coral Chacun son cinéma (2007).

Paralelamente á súa carreira coma director e actor sitúase a súa militancia política, que o leva a dirixir filmes coma Il Caimano (2006), sátira sobre Silvio Berlusconi, presentada en plena campaña electoral ese ano.

Habemus Papam é ata o de agora a súa última película, seleccionada para a sección oficial do Festival Internacional de Cannes.



“Unha película tan delicada como complexa, unha ficción con madeira de debate civilizado, cun sentido do humor que se esculpe sobre a comprensión, non xa do outro, se non do contrario” (Jordi Costa, El País)

“Unha nova sátira política de Moretti, sazonada coa súa mala leite de sempre” (Toni Vall, Cinemanía)

” A imaxe esencial da película é un vacío nun lugar que todos deberían querer ocupar. Fronte a esixencia constante de superación da sociedade contemporánea, o novo Papa opón un tempo morto, unha pausa.  (Aurélien Le Genissel, Dirigido por…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años