lunes, 30 de abril de 2012

FOUR LIONS VENRES 4 DE MAIO

PROXECCIÓN VENRES 4 DE MAIO DE 2012

FOUR LIONS


VENRES 4 DE MAIO 20:00 (Español) E 23:00 (Versión Orixinal Subtitulada Español)

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

Cineclube Carballiño presenta 4 LIONS

          SINOPSE



Omar, un musulmán radical de nacionalidade inglesa, crea unha célula terrorista da que forman parte o seu irmán Waj, un rapaz moi simple; Barry, un extremista que odia aos brancos; e Fessal, un aprensivo fabricante de bombas. Mentres que Omar e Waj están en Pakistán, nun campo de entrenamento, Barry recluta a Hassan, un aspirante a musico de rap. Cando Omar regresa a Gran Bretaña, trae consigo un plan: un ataque suicida con bomba contra un obxectivo occidental insólito.







FICHA TÉCNICA



Dirección: Chris Morris
Guión: Chris Morris, Jesse Armstrong, Sam Bain e Simon Blackwell
Producción: Mark Herbert e Derrin Schlesinger
Producción Executiva: Tessa Ross, Alex Marshall, Caroline Leddy, Afi Khan, Mark Findlay, Rita Dagher, Will Clarke, Peter Carlton, Carole Baraton e Angus Aynsley
Dirección de Fotografía: Lol Crawley
Deseño de Producción: Dick Lunn
Montaxe: Billy Sneddon



Música: Phil Canning
Vestiario: Charlotte Walter
Maquillaxe:  Hannah Booth e Fiona Lobo-Cranston

Duración: 94’
Ano: 2010
País: Inglaterra
Idioma: Español



FICHA ARTÍSTICA


Riz Ahmed

Kayvan Nova

Adeel Akhtar

Arsher Ali

Preeva Kalidas

Mohammad Aqil

Nigel Lidsay







Galardóns:

  • Premios da Academia Británica: Mellor debut en Dirección e Guión (Chris Morris)
  • Premios British Comedy Awards: Mellor Actor (Kayvan Novak)

    TRAILER ORIGINAL



TRAILER ESPAÑOL




O director, Chris Morris (Bristol Inglaterra, 1965)

 

Antigo locutor de radio, Chris Morris deu o salto a televisión no ano 1994 guionizando o programa The Day Today, onde satirizaba sobre as noticias de actualidade. O programa, cun desaforado humor negro, foi un tremendo éxito no Reino Unido. Mais radical foi a súa seguinte proposta: Brass Eye (1997-2001) outra serie na que se enganaba a políticos e celebridades para que apoiaran absurdas propostas. Posteriormente apareceu xa coma actor en The IT Crowd (Los Informáticos 2006-2008).
Comezou dirixindo algúns episodios de series británicas, coma Big Train (1998) ou Jam (2000), pero Four Lions é o seu debut nas longametraxes

“Sensacional (…) certeiro tanto na comicidade do gag coma no drama interior que sempre leva o humor negro” (Javier Ocaña, El País)
Four lions non busca desenvolver a complexidade social e intelectual do terrorismo, se non levar ata as derradeiras consecuencias as posicións de certos fanáticos para amosar a súas absurdas e contraditorias consecuencias” (Aurélien Le Genissel, Dirigido por…)

  • Si che gustou, recomendámosche tamén: Un funeral de muerte (Frank Oz, 2007) ou In the Loop (Armando Ianucci, 2009)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años