Mostrando entradas con la etiqueta Documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Documental. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de julio de 2012

BRASIL SOMOS NÓS (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)


BRASIL SOMOS NÓS


MÚSICA E EMIGRACIÓN

Congregación de culturas convínanse nunha atomosfera de perfección absoluta e tamén de gran importancia visual en canto sentimental. 

Unha experiencia única que merece a pena sentir fílmicamente.









SINOPSE

Carlos Núñez, un dos músicos galegos máis coñecidos en todo o mundo, emprendeu unha especie de viaxe iniciática polo Brasil en busca das pegadas do seu bisavó, o emigrante José María Núñez, que fora supostamente asasinado, segundo a lenda familiar. Alí descubriu non só que o seu antergo refixera a súa vida, senón que fora un músico de éxito. O seu percorrido permitíulle ademais afondar nas semellanzas musicais entre Galicia e Brasil que ata entón intuía.



PÁXINAS QUE VERSAN DE BRASIL SOMOS NÓS





FICHA TÉCNICA
País: España
Ano:2011
Duración: 69´ 
Escrito e dirixido por: Robert Bellsolà
Música: Kurko Núñez

martes, 24 de julio de 2012

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA



NON ÁS ARMAS

Presentación da campaña Stop Israel Nuclear. Na cal se pide a non proliferacion de armas nucleares en Israel co obxetivo de ter un Oriente Medio libre de armamento nuclear. Para máis información sobre este movemento que implica a varias nacións do planeta Terra podedes consultar a seguinte  páxina (http://stopisraelnuclear.org/?lang=GL). Na mesma páxina tamén podedes firmar dita solicitude (http://www.change.org/petitions/united-nations-security-council-stop-israel-s-nuclear-arsenal-the-real-threat-to-world-peace)
NATUREZA

¿Por que non nos paramos a pensar moitas veces que a natureza é o noso ben máis preciado?
As guerras inundan os campos e bosques máis frondosos convertindoós nun deserto no que nada crece e só hai desolación.
Digamos un SI en maiúsculas a un mundo sen armas que evoquen a destrucción de zonas de gran beleza e que nos inundan de alegría.
Digamos un NON tamén en maiúsculas a un mundo de ataques e de guerras.

DIGAMOS UN SI ABSOLUTO A VIVIR NUN MUNDO EN CONSONANCIA COA NATUREZA.

Pois é o máis importante que temos.


PELÍCULA URGENTE POR PALESTINA

Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.

O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.

Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.

Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.

Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.

Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.

Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.

Isto nom é umha película.

FICHA TÉCNICA

Título Orixinal: Película urgente por Palestina
País: Palestina - Galiza
Ano: 2011 - 2012
Duración: 14 minutos
Xénero: Documental social
Autor: COSAL - Galiza, Alberte Pagán
Rodaxe: Palestina (Agosto 2011)
Toma de son: Cris Lores

Locución galego: Dionisio Pereira

Traducción e locución árabe: Mohamed Safa

Locución español: Xan Torres

viernes, 20 de julio de 2012

ElectroClass (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

ELECTROCLASS



ElectroClass é un filme experimental de María Ruido da produtora Consonni (www.consonni.org) que versa sobre o fin da clase traballadora, os cambios nas condicións do traballo.

Unha película de 50 minutos feita con retazos audiovisuais de ETB (televisión vasca) e dividida en 7 capítulos de 7 minutos cada un.



SINOPSE


Na seguinte ligazón a propia artista fala sobre o seu proxecto. Polo que...¿ non hai mellor sinopse que esa non?

http://www.eitb.com/es/videos/detalle/810008/eitb-kultura-artists-killed-media-stars/

PAXINAS QUE VERSAN SOBRE ELECTROCLASS


http://www.youtube.com/watch?v=xzERijHUaCA

http://www.consonni.org/es/proyectos/electroclass

Na ligazon de Youtube está o seminario completo onde se presentou dita película e tamén se pode visionar a  película en cuestion xunto co debate que ela xera e a presentacion por parte de María Ruido.

jueves, 19 de julio de 2012

ESTA É A MIÑA TERRA...HEBRÓN (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)



ESTA É A MIÑA TERRA...HEBRÓN






DOCUMENTAL que versa sobre o conflito árabe - israelí nesta cidade sagrada para as tres relixións monoteístas máis importantes do mundo. Cristiá, musulmá e xudía.

Este documental resultou gañador de premios no Festival de Cine de Dereitos Humanos de Buenos Aires (DerHumALC) e foi nominado ao mellor documental en 2010 nos Premios David di Donatello en Italia.

500 xudeus e 2.000 militares israelís no centro da maior cidade máis poboada de Cisjordania (160.000 palestinos).





SINOPSE


Hebrón é unha cidade de conflito e de odio. É un dos asentamentos israelís en Cisxordania, o único no corazón dunha cidade palestina. O centro da cidade é agora o teatro dunha guerra entre veciños, onde os principais obxectivos son conquistar un metro máis da cidade, manter o inimigo a raia ou simplemente quedar no terreo propio.

Lugar de peregrinación para xudíos, cristiáns e musulmáns.o estar Abraham enterrado alí (antepasado das tres relixións). Pero a día de hoxe é unha cidade na que a violencia, os escupitaxos, arroxar pedras e abusar dos demais son parte da vida diaria destas persoas.


PÁXINAS REFERENTES A ESTE DOCUMENTAL



FICHA TÉCNICA

Título Original This is my land...Hebron
DURACIÓN: 72 minutos
XÉNERO: Documental sobre el conflicto árabe - israelí
Director Giulia Amati e Stephen Natanson
Guionista Giulia Amati e Stephen Natanson
Fotografía Giulia Amati, Stephen Natanson e Boris Sclauzero
Música  Ludovico Einaudi

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Primavera musical 2026 - Sesións extraordinarias [+] Sesión naxistral de filmoteca Sesión vermú Sesión de filmoteca Sesións de ciclo Chega a décima edición da *Primavera musical...
    Hace 3 meses
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo...
    Hace 11 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 13 años