ESTA É A MIÑA TERRA...HEBRÓN
DOCUMENTAL que versa sobre o conflito árabe - israelí nesta cidade sagrada para as tres relixións monoteístas máis importantes do mundo. Cristiá, musulmá e xudía.
Este documental resultou gañador de premios no Festival de Cine de Dereitos Humanos de Buenos Aires (DerHumALC) e foi nominado ao mellor documental en 2010 nos Premios David di Donatello en Italia.
500 xudeus e 2.000 militares israelís no centro da maior cidade máis poboada de Cisjordania (160.000 palestinos).
SINOPSE
Hebrón é unha cidade de conflito e de odio. É un dos asentamentos israelís en Cisxordania, o único no corazón dunha cidade palestina. O centro da cidade é agora o teatro dunha guerra entre veciños, onde os principais obxectivos son conquistar un metro máis da cidade, manter o inimigo a raia ou simplemente quedar no terreo propio.
Lugar de peregrinación para xudíos, cristiáns e musulmáns.o estar Abraham enterrado alí (antepasado das tres relixións). Pero a día de hoxe é unha cidade na que a violencia, os escupitaxos, arroxar pedras e abusar dos demais son parte da vida diaria destas persoas.
PÁXINAS REFERENTES A ESTE DOCUMENTAL
FICHA TÉCNICA
Título Original This is my land...Hebron
DURACIÓN: 72 minutos
XÉNERO: Documental sobre el conflicto árabe - israelí
Director Giulia Amati e Stephen Natanson
Guionista Giulia Amati e Stephen Natanson
Fotografía Giulia Amati, Stephen Natanson e Boris Sclauzero
Música Ludovico Einaudi
No hay comentarios:
Publicar un comentario