Horario e idioma: 20:00 e 22:30
Duración: 98'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Data estrea en España: 5 de xuño de 2015
País: Alemaña
Título orixinal: Phoenix
Prezo: 3€
Prezo: 3€
SINOPSE
Unha cantante é traizoada e
enviada a un campo de concentración. Ao rematar o seu calvario, volve coa cara
completamente desfigurada e pídelle a un eminente cirurxián que lla reconstrúa
para que sexa o máis semellante a como era antes.
Tras a
operación, comeza a buscar ao seu marido, un pianista. Pero o reencontro non é
o que ela agardaba.
Ficha Técnica
Dirección: Christian Petzold - Guión: Christian Petzold e Harun Farocki, segundo a novela de Hubert Monteilhet - Produción: Florian Koerner von Gustoff, Michael Weber - Dirección de Fotografía: Hans Fromm - Montaxe: Bettina Böhler - Deseño de Producción: Kade Gruber - Música: Stefan Will

o que ela agardaba.Ficha Técnica
Dirección: Christian Petzold - Guión: Christian Petzold e Harun Farocki, segundo a novela de Hubert Monteilhet - Produción: Florian Koerner von Gustoff, Michael Weber - Dirección de Fotografía: Hans Fromm - Montaxe: Bettina Böhler - Deseño de Producción: Kade Gruber - Música: Stefan Will
Ficha Artística
O director, Christian Petzold
(1960, Hilden, Alemaña)
Tras estudar Lingua Alemá e
Drama na Universidade de Freie, enrolase na Academia Alemá do Cine e da
Televisión, en Berlín, onde estuda dirección de cine ao tempo que traballa como
axudante de director para certos directores alemáns. Despois de graduarse
dirixe unha serie de películas para a televisión, debutando cunha estrea en
pantalla grande en 2001 con Die innere Sicherheit, pola que
obtén o premio á Mellor Película Alemá nos premios da Cinematografía alemá.
Continúa dirixindo
longametraxes de éxito especialmente no seu país, sobre todo Barbara
(2012) coa que acada o Oso de Prata ao Mellor Director no Festival
Internacional de Berlín, así como novamente o premio á Mellor Película nos
premios da Cinematografía alemá.
CRÍTICAS
“O exame máis descarnado da
culpa na Alemaña postnzai que deu o cine recente (…) Tan profundamente bela
coma incómoda. Tan demoledora coma tenra. Lúcida e brutal”. (Luís Martínez, El
Mundo).
“Petzold filma soberbiamente esta desacougante
historia sobre dous seres humanos en perpetua reconstrución física e anímica.”
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“A rocambolesca historia require unha coidada
atmosfera do irreal que manteña o misterio. Petzold conseguino de nova, coa súa
actriz favorita.”(Carlos
Marañón, Cinemanía)
· E a próxima sesión: Piedad (Otto Roca, 2012)

No hay comentarios:
Publicar un comentario