Duración: 75’
Ano: 2012
País: España
Documental
SINOPSE
Piedad viviu gran parte da súa
vida en Leiroso, illada do mundo urbano. Xunto ao seu marido, decidiron quedar
alí aínda cando os seus fillos e veciños foron abandonando o lugar.
O marido morreu fai tempo e
ela é a única habitante da zona. A enfermidade motiva que o seu fillo menor
decida levala a vivir con el á cidade. Elo provoca un cambio radical na vida de
Piedad: nesta nova vida non se sabe que é de verdade, recordo ou produto da súa
enfermidade.
FICHA ARTÍSTICA
Piedad Ferreiro - Amadeo Ferreiro
FICHA TÉCNICA
Dirección: Otto Roca - Guión: Marcos Nine - Produción: Ximena Losada - Dirección de Fotografía: Otto Roca - Montaxe: Fran X. Rodríguez e Marcos Nine - Música: Benxamín Otero
O director, Otto Roca
(1976, A Coruña, España)
Técnico en Laboratorio de
Imaxe, boa parte da súa formación é adquirida de xeito autodidacta. Desenvolve
a súa labor profesional coma fotoxornalista e fotógrafo documental.
Piedad supón a súa primeira incursión dentro do cinema
documental, froito da experimentación e evolución natural da súa obra.
“No tratamento da historia
pretendimos ser o máis respectuosos e rigorosos posibles co documentado,
tratando de normalizar a relación dun dependente co seu entorno social e
afectivo, sen artificios, procurando non enmascarar o que ante nós se establecía.
Tentando ao mesmo tempo visibilizar unha situación de dependencia cada vez máis
presente no interior dos núcleos familiares e que socialmente resulta
dificultoso detectar e dar recoñecemento.”
Otto Roca
REMATE DE TEMPORADA. EN BREVES, NOTICIAS SOBRE "FLORES DE CINE"
No hay comentarios:
Publicar un comentario