Data proxección: 27/05/2016
Horario e idioma: 20:00 (ESP) e 22:30 (VOS)
Duración: 113'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015
País: Reino Unido
Título orixinal: Macbeth
SINOPSE
Tras gañar unha batalla
decisiva, e recén ascendido polo rei Duncan, o fiel Macbeth, duque de Escocia,
recibe de tres bruxas a predición de que será rei, mais sen deixar
descendencia.
Decidido a apresurar o
vaticinio, e instigado pola súa esposa, a parella invita ao rei Duncan a
celebrar a vitoria na súa morada, onde aproveitarán pala asasinalo, inculpando
aos gardas.
Así, Macbeth é rei, pero entón
a culpa e a paranoia comeza a corroelos, especialmente a el, que pasará de
glorioso guerreiro a escuro gobernante.
A
traizón, o poder, a ambición e a culpa entrarán en escena.
Ficha Técnica

Dirección: Justin Kurzel Guión: Jacob Koskoff, Michael Leslie e Todd Louiso, segundo a obra de W.
Shakespeare Produción: Iain Canning, Laura Hastings-Smith e Emile Sherman Dirección de Fotografía: Adam Arkapow Montaxe: Chris Dickens Deseño de Producción: Fiona Cromble Música: Jed Kurzel

Ficha Artística
Michael Fassbender - Marion Cotillard - Sean Harris - Paddy Considine - David Thewlis - Elizabeth Debicki - Jack Reynor - Julian Seager
O director, Justin Kurzel
(1974, Gawler,
Australia)
Director e guionista, saltou á
fama pola película Snowtown (2011), pola que obtivo o premio ao Mellor Director
nos premios da Cinematografía australiana.
Aos 17 anos mudou a Sydney,
onde estudou deseño de escenarios. Xunto ao seu irmán Jed empezaron no mundo da
música, pero el deixouno moi cedo, ao considerar que non era o seu. Pero Jed si
triunfou. De feito, é seu irmán quen compón a música para as súas películas.
Tamén grazas ao seu irmán
púxose detrás das cámaras, rodando os video-clips das cancións.
O enorme éxito de Snowtown,
especialmente en Australia fixo posible que collera as rendas dunha nova
adaptación de Macbeth, pola que tamén
obtivo un gran recoñecemento, xa a nivel mundial.
CRÍTICAS
“Unha película que posúe
clima, a ambientación está moi traballada, as batallas no medio da néboa
desprenden unha violencia moi crible”. (Carlos Boyero, el
País).
“O seu materialismo expresivo é puro cine, pura
imaxe cos pés na terra.” (Sergi Sánchez, La Razón)
“A versión máis sombría e escura de Macbeth”. (Nando Salvá, El
Periódico)
· E a próxima sesión: Phoenix (Christian Petzold, 2014)

No hay comentarios:
Publicar un comentario