MUSTANG
Data proxección: 20/05/2016
Horario e idioma: 20:00 (ESP) e 22:30 (VOS)
Duración: 97'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015
País: Francia
Título orixinal: Mustang
SINOPSE
Nun pequeno pobo, no norte de Turquía, cinco irmás orfas, de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do mar Negro, cos rapaces da escola.
Porén, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo entre as rapazas, así que os seus familiares, a través da avoa e do tío, deciden facerse cargo do asunto: preparalas e precipitalas cara o seu destino de futuras esposas.

Ficha Técnica
Dirección: Deniz Gamze Ergüven Guión: Deniz Gamze Ergüven e Alice Winocour Produción: Charles Gillibert Dirección de Fotografía: David Chazillety e Ersin Gok Deseño de Produción: Turker Isci Montaxe: Mathilde Van de Moortel Música: Warren Ellis

Ficha Artística
Erol Afsin - Ilayda Akdogan - Doga Zeynep Doguslu - Elit Iscan -
Ayberk Pekcan - Günes Sensoy - Tugba Sunguroglu - Burak Yigit
Galardóns
· Premios Cesar 2015: Mellor Opera Prima, Guión, Montaxe e BSO.
· Premios Goya 2015: Mellor Película Europea.
· Premios do Cine Europeo 2015: Mellor Ópera Prima.
A directora, Deniz Gamze Ergüven
(1978, Ankara, Turquía)
Nacida en Ankara, mudou a Francia nos anos 80, onde asistiu a Escola Nacional Superior de Oficios de Imaxe e Son (FEMIS).
En 2011 Deniz Gamze Ergüven foi invitada a asistir ao Taller do Festival de Cannes para axudarlle a desenvolver o seu proxecto The Kings. Foi aí onde coñeceu a Alice Winocour. Tras verse incapaz de conseguir financiamento para o seu proxecto, Winocour ofreceuse para involucrarse nun proxecto máis íntimo. Así xurdiu Mustang.
Mustang estreouse na Quincena de Realizadores de Cannes, en 2015, obtendo dende entón máis de 30 galardóns en festivais por todo o mundo.
CRÍTICAS
“Unha fábula entorno á cerrazón moral e cultural (...) a directora compón as súas imaxes, impregnadas dunha exquisita poesía evanescente.” (Beatriz Martínez, Fotogramas)
“Un berro de protesta contra a cruel senrazón da relixión e unha película de terror a voltas co sangue do patriarcado.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Revela o profundo e enfermizo do drama sen renunciar as tonalidades de comedia e a un branco estupor narrativo que enche de calidez a pantalla.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
E a próxima sesión: Macbeth (Justin Kursel, 2015)

No hay comentarios:
Publicar un comentario