MAPS TO THE STARS
Venres, 23 de outubro,
Venres, 23 de outubro,
20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
116'
2014
Canadá
Maiores de 16 anos
Maiores de 16 anos
SINOPSE
Un conto moderno sobre a
obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de
autoaxuda.
Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en
rehabilitación e unha filla que ven de saír do psiquiátrico.
A principal cliente de
Stafford é unha famosa actriz a piques de interpretar o papel que fixo a súa
nai nos anos 60.
Tráiler (español)
Tráiler (VOSE)
GALARDÓNS:
·
Festival de Cannes 2014: Mellor Actriz(Julainne Moore) e Mellor Fotografía
· Festival de Sitges 2014: Mellor Actriz (Julianne Moore)
E a
próxima sesión (CINEMAS DE GALICIA):
Dos
días, una noche (Jean-Pierre e
Luc Dardenne, 2014)
· Festival de Sitges 2014: Mellor Actriz (Julianne Moore)
O DIRECTOR
Tras graduarse en Literatura
na Universidade de Toronto, interésase polo cine, rodando diversas
curtametraxes, nas que xa amosa os que serían os temas a desenvolver na súa
posterior cinematografía: o interese por a violencia e a sexualidade, así como
por a realidade e a realidade alterada, a sátira social e o terror biolóxico.
Todos eses elementos están
presentes no seu primeiro éxito comercial, Vinieron de dentro de… (1977).
Porén, será Scanners (1981) a que lle otorgará recoñecemento a nivel
mundial coma un dos directores e guionistas de cine fantástico e de terror máis
reputados de finais do século XX, referendado por películas coma: Videodrome
(1983), La mosca (1986) ou Inseparables (1988).
Xa no século XXI, Una
historia de violencia (2005) e Promesas del este (2007) conságrano
coma un dos directores de referencia da sétima arte.
Críticas
“Conto de fantasmas, que é tamén sátira inclemente, melodrama retorcido e
relato tráxico (…) Cronenberg semella divertirse coma nunca.” (Jordi
Costa, El País)
“Unha disección furiosa e desencantada do espírito que anima unha cidade
como Os Ánxeles. Un sae do cine aturuxado (…) a obra máis escura e desacougante
do seu director.” (Luís
Martínez, El Mundo)
“Fábula cruel sobre Hollywood (…) pero tamén sobre a natureza humana que
Cronenberg, máis despiadado que nunca cos seus personaxes, amosa cunha linguaxe
espida e directa.” (Tomás
Fernández Valentí, Dirigido por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario