20:00h e 22:30h
Español
Español
Auditorio municipal
95'
2014
Bélxica
Maiores de 12 anos
Maiores de 12 anos
SINOPSE
Sandra dispón dun só fin de
semana para ir a ver aos seus colegas de traballo e convencelos de que voten a
favor de ela para que non sexa despedida, aínda que iso supoña a renuncia de
todos eles a cobrar unha paga extraordinaria.
Tráiler (español)
GALARDÓNS:
Premios do Cine Europeo 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)
Premios do Círculo de Críticos de Nova Iork 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)
Premios do Cine Europeo 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)
Premios do Círculo de Críticos de Nova Iork 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)
OS DIRECTORES
Jean-Pierre e Luc Dardenne
(Wallonia, Bélxica, 1951 e 1954)
Jean-Pierre e Luc Dardenne
(Wallonia, Bélxica, 1951 e 1954)
Tras estudar drama, comezaron a facer vídeos acerca das duras condicións de vida dos traballadores en pequenas poboacións de Wallonia. Despois de coñecer ao director Armad Gatti e ao director de fotografía Ned Burgers, decidiron entrar no mundo das longametraxes.
Así, en 1978 debutan co documental Le chant du rossignol (1978). En 1986 rodan a súa primeira película de ficción, Falsch, á que seguen outras, ata que en 1999 acadan o éxito internacional ao gañar a Palma de Oro en Cannes con Rosetta.
Considerados coma os grandes representantes do cine social europeo, renovaron a estética e a narración dese tipo de cine grazas a un estilo concreto e depurado, no que destaca a cámara moi preto dos personaxes, seguíndoos por detrás, longos planos secuencia, ausencia de banda sonora ou a elección de actores non profesionais ou pouco coñecidos, como se pode observar en outras das súas longametraxes: El niño (2005), El silencio de Lorna (2008) ou El niño de la bicicleta (2011)
E a próxima sesión: Interestelar (Christopher Nolan, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario