LA SAL DE LA TIERRA
Venres, 16 de outubro,
Venres, 16 de outubro,
20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
100'
2014
Francia
Maiores de 7 anos
Maiores de 7 anos
Dende fai corenta anos, o
fotógrafo Sebastiao Salgado percorre os continentes captando a mutación da
humanidade. Testemuña de grandes acontecementos que marcaron a nosa historia
recente, conflitos internacionais, a fame negra, éxodos, etc.
Agora
emprende camiño cara a territorios virxes con grandiosas paisaxes, descubrindo
unha fauna e flora silvestres no marco dun proxecto fotográfico xigantesco,
tributo á beleza do planeta. O seu fillo Juliano, quen o acompañou nas súas
últimas travesías, e Win Wenders, tamén fotógrafo, comparten con nos a súa
ollada acerca da súa vida e da súa obra.FICHA TÉCNICA
Dirección: Juliano Salgado e Win Wenders
Guión: Juliano Salgado ,Win Wenders e David Rosier
Produción: David Rosier
Dirección de Fotografía: Hugo Barbier e Juliano Salgado
Montaxe: Maxine Goedicke e Rob Myers
Música: Laurent PetitgrandTráiler (español)
Tráiler (VOSE)
GALARDÓNS:
·
Festival de Cannes 2014: Premio Especial do Xurado “Un
Certain Regard”
· Festival de San Sebastián 2014: Premio do Público
· Premios César 2014: Mellor Documental
NOMINACIÓNS:
· Premios Oscar 2015: Nominado a Mellor longametraxe documental
· Premios Goya 2015: Nominada a Mellor película europea
· Independent Spirit Awards 2014: Nominada a Mellor longametraxe documental
· Festival de San Sebastián 2014: Premio do Público
· Premios César 2014: Mellor Documental
NOMINACIÓNS:
· Premios Oscar 2015: Nominado a Mellor longametraxe documental
· Premios Goya 2015: Nominada a Mellor película europea
· Independent Spirit Awards 2014: Nominada a Mellor longametraxe documental
OS DIRECTORES:
Win Wenders (Dusseldorf, Alemaña, 1945)
Juliano Salgado
(París, Francia, 1974)
(Arriba esquerda) Wim Wenders, (arriba dereita) Juliano Salgado. (Abaixo) Os directores con Sebastião Salgado (centro) |
Tras dirixir varios filmes, acada éxito internacional con El amigo americano (1977), co que entra a formar parte da nova xeración de directores alemáns dos anos 70. A partir de aí, longametraxes coma París, Texas (1984), El cielo sobre Berlín (1987) Tan lejos, tan cerca (1993) ou máis recentemente The Soul of a Man (2003) ou Pina (2011) cimentan o seu prestixio.
Juliano Ribeiro Salgado é fillo do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado. A pesar de comezar a estudar Dereito, deixouno “porque no quería pasarme la vida sentado detrás de una mesa”. Así, acabou virando cara a filmación e coma director e director de fotografía. Debutou con Suzana, un documental para a cadea Arte.
Críticas
“Hai moitos momentos que crean emoción neste
admirable documental sobre un home digno e un artista grande.” (Carlos Boyero, El País)
“Fabuloso relato artístico, social, antropolóxico e etnográfico (…). Coma é
costume nos documentais de Wenders, as súas pezas son un prodixio do tempo
secuencial e do plano” (Javier Ocaña, El País)
“Non se trata dunha colección de fascinantes imaxes (…) É unha reflexión das
desigualdades e das interrogantes que se formula este retratista da realidade.”
(Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)
E a próxima sesión: Maps to the Stars (David
Cronenberg, 2014)
Twitter: @cineclubecarba
No hay comentarios:
Publicar un comentario