20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
109'
2014
Estados Unidos
Idade mínima recomendada: 16 anos
SINOPSE
Texas, 1989. Richard Dane, un
tipo normal, pai de familia, mata unha noite en defensa propia a un ladrón que
entrara na súa casa. O sheriff da cidade dalle parabéns e o caso semella totalmente pechado, mais o
pai do intruso, un exconvicto cun longo historial delitivo, chega á cidade
disposto a vingar a morte do seu fillo.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Jim Mickle
Guión: Nick Damici e Jim Mickle, segundo a novela de Joe R. Lansdale
Produción: Rene Bastian, Adam Folk e Marie Savare
Dirección de Fotografía: Ryan Samul
Deseño de Producción: Russell Barnes
Montaxe: John Paul Horstman e Jim Mickle
Música: Jeff Grace
|
FICHA ARTÍSTICA
Michael C. Hall
Sam Shepard
Don Johnson
Vinessa Shaw
Nick Damici
Wyatt Russell
Bill Sage
Brianda Agramonte |
TRAILER (español)
TRAILER (VO) (non o atopamos con subtítulos en español)
· Festival de Sitges 2014: Fantàstic Òrbita Award Mellor
Director (Jim Mickle)
O director, Jim
Mickle
(Pottstown, Pennsylvania, EEUU,
1979)
Decidiu ser director de cine
tras ver El ejército de las tinieblas
(Sam Raimi, 1992). Así, graduouse na universidade de Nova Iork en 2002, onde
coñeceu a Nick Damici, actor e guionista co que Jim Mickle colaborou en ata
catro películas, diante e detrás das cámaras. De feito, a súa primeira
colaboración deu coma resultado o debut de ambos, na película Mullberry Street (2006).
Posteriormente seguiron
traballando xuntos, Mickle na dirección e guión e Damici no guión e en papeis
secundarios, en Stake Land (2010), Somos lo que somos (2013), particular
adaptación da película orixinal mexicana,
e Frío en julio (2014)
Críticas
“Puntuada por xiros de guión que transforman radicalmente a historia (…)
pretende evocar o cine de John Carpenter.” (Jordi
Costa, El País)
“Para fans de thrillers secos e estilizados (…) próxima as mostras máis
audaces do xénero.” (Desirée de Fez, Fotogramas)
“A violencia é para os personaxes de Mickle e Damici unha forma de
expresión, unha maneira de relacionarse co mundo.” (Tonio L. Alarcón, Dirigido por…)
E a próxima sesión: La sal de la tierra (Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario