AS ALTAS PRESIÓNS
Venres, 25 de Setembro,
20:00h. e 22:30h.
Auditorio Municipal
95'
2014
España
Non recomendada para menores de 7 anos
SINOPSE
Miguel viaxa a Pontevedra, a
súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizacións para unha película.
O viaxe lévao de regreso ao lugar no que creceu, ao reencontro con vellos
amigos, pero tamén á posibilidade dunha nova relación: Alicia, unha enfermeira
que conseguirá sosegalo.
Miguel tentará levar a cabo o
traballo aínda que case sempre prefira grabar aos lugareños cos que se topa, os movementos e os rostros dos
amigos, os trens pasando ou o mar.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Ángel Santos
Guión: Ángel Santos e Miguel Gil
Produción: Daniel Froiz
Deseño de Produción: Jaoine Camborda
Dirección de Fotografía: Alberto Díaz
Montaxe: Fernando Franco
Música: Varios
|
FICHA ARTÍSTICA
Andrés
Gertrúdix
Itsaso
Arana
Diana
Gómez
Juan
Blanco
Marta
Pazos
Hugo
Torres
Xabier
Deive
|
GALARDÓNS:
· Festival de Sevilla 2014: Premio Jurado Campos “Las Nuevas Olas” (Mellor Película)
O director, Ángel Santos (Pontevedra, Galicia, 1976)
Licenciado en Historia Da
Arte, realiza estudos de Dirección Cinematográfica no CECC. En activo dende
2002, aborda tanto a ficción coma o ensaio documental. Entre 2005 e 2011
compaxinou a realización de diversas curtametraxes coa crítica para diversos
medios dixitais.
O súa primeira película foi Adolescentes
(2011)
Ás veces un ten a impresión de
que nunha película debería caber de todo. Poida que alguén o dixera xa…
Entón, en lugar de limitarse a
ser un contedor para unhas liñas argumentais máis ou menos predicibles, ou un
discurso ante unha audiencia pasiva, esa película debería semellarse máis a
unha charla entre amigos na que se fale ao mesmo tempo e no mesmo ton das
relacións sentimentais, das frustracións e ledicias da vida, das crises e do
futuro.
As altas presións quere ser unha desas películas. Unha que pareza
unha viaxe, na que o importante non sexa chegar dun punto a outro, senón o
propio traxecto, a deriva. Un cine que parte do íntimo, que fale de nos coma
individuos e como xeración, pero tamén coma un grupo de persoas facendo unha
película aquí e agora. Con ilusión e esperanza.
Ángel Santos
Críticas
“Película maiúscula, falada en
voz baixa, completamente libre de todo exhibicionismo e capaz de transmitir o
complexo sen afectación nin narcisismo”, Jordi Costa, Fotogramas.
“Un dos exercicios de cine
máis relucentes do ano”, Luís Martínez, El
Mundo.
“Unha triste, distinta e
delicada película”, Javier
Ocaña, El País
· E a próxima sesión (venres, 9 de outubro): Frío en julio (Jim Mickle, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario