EL TOPO
(Xoves 21 de xuño: 20:00 e 23:00)
Auditorio Municipal do Carballiño
(Xoves 21 de xuño: 20:00 e 23:00)
Auditorio Municipal do Carballiño
SINOPSE
Anos 70, plena guerra fría. O
fracaso dunha misión especial en Hungría provoca o cambio na cúpula dos
servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley.
Porén, cando xa se fixera á idea de retirarse, encárganlle unha misión
especial: sospeitase que hai unha toupa infiltrada na propia cúpula do servizo
e só alguén de fóra pode indagar quen é.
Coa axuda doutros axentes
xubilados, Smiley irá recabando información e encaixando as pezas para intentar
descubrir ao traidor.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Tomas Alfredson
Guión: Bridget O’Connor e Peter Straughan, segundo a novela
de John le Carré
Producción: Tim Bevan, Eric Fellner e Robyn Slovo
Produción Executiva: Liza Chasin, Ron Halpern, Debra Hayword, John le
Carré, Peter Morgan e Douglas Urbanski
Dirección de Fotografía: Hoyte van Hoytema
Deseño de Producción: Maria Djurkovic
Montaxe: Dino Jonsäter
|
Música: Alberto Iglesias
Vestiario: Dan Grace e Gábor Homonnay
Maquillaxe: Alison
Hanken
Título orixinal: Tinker Taylor Soldier Spy
Duración: 127’
Ano: 2011
País: Inglaterra
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Gary
Oldman
Colin Firth
Tom
Hardy
Mark
Strong
Benedict
Cumberbatch
Toby
Jones
John
Hurt
Ciarán
Hinds
Simon
McBurney
|
O director, Tomas Alfredson (Lidingö, Suecia, 1965)
Fillo dun comediante, escritor e director, Tomas
Alfredson dende moi neno entra en contacto co mundo da actuación. Así, entra na
Svensk Filmindustri, a mais reputada compañía e distribuidora de películas de
Suecia (produciu a maioría das longametraxes de Ingmar Bergman). Tras traballar
alí coma asistente, salta á televisión pública onde dirixe multitude de TV
movies.
Tras ler a novela Déjame entrar, de John Ajvide Lindqvist, decide que ten que levala
a pantalla grande, e finalmente debuta en 2008 nas longametraxes co esa
adaptación, que en seguida se converte nun éxito mundial.
Porén, cansado de loitar
contra a industria fílmica sueca, á que acusa de carecer de poder e valor,
tómase un longo descanso, ata que é convencido para poñerse de novo tralas
cámaras con El topo.
“ Fábula sobre a soidade e a desesperación entre homes que nunca amosan os
segredos dos seus corazóns” (Peter Travers, The rolling Stones)
“Alfredson captou o espírito de le Carré, o seu estilo visual é tenso e
pausado, describe os matices e fai entendible unha historia complicada de
narrar en imaxes” (Carlos
Boyero, El País)
“Mais ca unha película de espionaxe,
que obviamente o é, El Topo indaga nas relacións frontais entre
personaxes abocados a situacións límite por cuestións éticas, morais,
profesionais, ideolóxicas ou de simple supervivencia nun mundo tendente a
desmoronarse ” (Quim Casas, Dirigido
por…)
F Si che gustou, recomendámosche
tamén: Nuestro hombre en La Habana
(Carol Reed, 1959) ou El espía que surgió
del frío (Martin Ritt, 1965)
No hay comentarios:
Publicar un comentario