LAS NIEVES DEL KILIMANJARO
(Auditorio Municipal do carballiño)
2€ parados/xubilados/estudantes
4€ traballadores
venres 29 20:00 e 23:00
SINOPSE
2€ parados/xubilados/estudantes
4€ traballadores
venres 29 20:00 e 23:00
SINOPSE
A pesar de perder o seu
traballo, Michel vive feliz con Marie.Claire dende fai trinta anos. Os seus
fillos e netos éncheno de alegría. Teñen amigos moi bos. Están orgullosos das
súas actividades sindicais e políticas. As súas conciencias son tan
transparentes coma as súas miradas.
Pero
ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados
golpéanos, átanos e foxen coas súas tarxetas de crédito.
FICHA TECNICA
Dirección: Robert Guédiguian
Guión: Robert Guédiguian e Jean-Loius Milesi, segundo o poema
de Victor Hugo
Producción: Agat Films, Ex Nihilo, France 3 Cinéma e Les
Films de la Belle de Mai
Dirección de Fotografía: Pierre Millon
Deseño de Producción: Michel Vandestien
Montaxe: Bernard Sasia
|
Música: Pascal Mayer
Vestiario: Juliette Chanaud
Título orixinal: Les neiges du Kilimanjaro
Duración: 107’
Ano: 2011
País: Francia
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Jean-Pierre
Darrousin
Ariane Ascaride
Gérard
Meylan
Marilyne
Canto
Grégoire Leprince-Ringuet
Anaïs
Demoustier
Adrien
Jolivet
Julie-Marie
Parmentier
Karole
Rocher
Robinson
Stévenin
|
O director, Robert Guédiguian
(Marsella, Francia, 1953)
Creceu nun ambiente obreiro,
xa que o seu pai traballaba no porto de Marsella, e interésase moi cedo pola
política, militando no partido comunista. Por todo iso, xa as súas primeiras
películas entroncaban cunha realidade social, flirteando coa militancia, e
principalmente situadas en Marsella.
Tras licenciarse en socioloxía, e un pouco
decepcionado coa política, atopa no cine unha forma de expresar as súas ideas. Porén,
non é ata 1997 con Marius et Jeannette
que se da a coñecer ante o gran público, proporcionándolle a Ariane Ascaride, a
súa actriz predilecta, o seu primeiro premio César. E posteriormente xa virían
outros premios e recoñecementos coma a Concha de Oro de San Sebastián en 1998
por De todo corazón, o premio
FRIPESCI da cinematografía europea en 2001 por La ciudad está tranquila, ou mais recentemente a Espiga de Plata do
Premio do Público por Las nieves del
Kilimanjaro
Críticas
“ Guédiguian consegue conmover, emocionar e facer reflexionar dende a maior
sinxeleza cunha fábula realista, ou unha radiografía cálida e melancólica” (Ricardo Aldarondo, Fotogramas)
“Guédiguian novamente en estado de gracia (…)Unha película exemplar para
estes tempos de engano permanente” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“A película asume con dignidade a
condición de ser unha película-deterxente para limpar a conciencia de toda unha
xeración que está comprobando cómo aqueles logros polos que loitaron están indo
progresivamente ao lixo” (Roberto Alcover Oti, Dirigido por…)
F Si che gustou, recomendámosche
tamén: ¡Qué verde era mi valle! (John
Ford, 1941) ou Riff-Raff (Ken Loach,
1991)
No hay comentarios:
Publicar un comentario