VENRES 8 DE XUÑO: LOS IDUS DE MARZO
HORA:20:00 e 23:00
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
PREZO: 4€ (Traballadores) e 2€ (Parados, Estudantes e Xubilados)
SINOPSE
Un rapaz idealista, Stephen Meyers, comeza a traballar coma director de comunicación para un prometedor candidato que se presenta ás eleccións primarias do Partido Demócrata, Mike Morris. Durante a campaña terá a oportunidade de comprobar de primeira man ata qué extremos se pode chegar con tal de alcanzar o éxito político.
FICHA TÉCNICA
Dirección: George Clooney
Guión: George Clooney, Grant Heslov e Beau Willmon, segundo a obra de teatro de Beau Willmon
Producción: George Clooney, Grant Heslov e Brian Oliver
Dirección de Fotografía: Phedon Papamichael
Deseño de Producción: Sharon Seymour
Montaxe: Stephen Mirrione
Música: Alexandre Desplat
Vestiario: Louise Frogley
Maquillaxe: Julie Hewitt
FICHA ARTÍSTICA
Ryan Gosling
George Clooney
Paul Giamatti
Marisa Tomei
Philip Seymour Hoffman
Evan Rachel Wood
Jeffrey Wright
Max Minghella
Jennifer Ehle
Duración: 101’
Ano: 2011
País: EEUU
Idioma: Español
O director, George Clooney (Lexington, Kentucky, EEUU, 1961)
Fillo dun recoñecido presentador de noticias afincado en Cincinnati, Nick Clooney, dende moi rapaz asistía aos estudios de televisión, onde comeza a traballar co seu pai. Porén, decide deixar o seu futuro coma xornalista e adicarse a dúas das súas paixóns: o béisbol e a actuación. Ao non conseguir entrar no equipo de Cincinnati, retorna ao mundo do cine da man do seu primo Miguel Ferrer, nun pequeno film.
En 1982 trasládase a Los Angeles, onde participa en pequenos papeis en multitude de películas e series de televisión, ata que alcanza o éxito co seu papel na serie de Urgencias (1994-2009).
Xa coma actor famoso, decide debutar na dirección con Confesiones de una mente peligrosa (2002), as que seguen Buenas noches y buena suerte (2005), que tamén escribiu, Ella es el partido (2008), e esta última, Los idus de marzo.
Coma produtor estivo tamén detrás de moitas películas, coma por exemplo: Syriana (2005), Los hombres que miraban fijamente a las cabras (2009) ou El americano (2010).
“Espléndida (…) Clooney retrata ese temible mundo con lucidez feroz, sen apelar ao maniqueísmo, facendo crible a desvergoña” (Carlos Boyero, El País)
“Unha película notable (…) Clooney acerta ao debuxar unha película axustada a razóns (…) unha solvente intriga con parada e fonda nos intestinos de calquera” (Luís Martínez, El Mundo)
“George Clooney constrúe unha (a)morality play de maneira sólida, manexando con astucia un magnífico plantel de actores, reforzando a dramaturxia cunha posta en escena chea de sutilidades” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)
- Si che gustou, recomendámosche tamén: El político (Robert Rossen, 1949) ou El recuento (Jay Roach, 2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario