domingo, 10 de enero de 2016

Venres 15 (Cine: Jauja) e Sabado 16 (Teatro: Falándolle a un espello)

VENRES 15 DE XANEIRO: JAUJA


Título orixinal: Jauja
Duración: 101’
Ano: 2014
País: Arxentina – Dinamarca – Francia - México

SINOPSE

A historia dun pai, Gunnar, e dunha filla, Ingeborg, que viaxan dende Dinamarca ata a Patagonia, ata un deserto nos confíns da civilización.
A intención de Gunnar é entrar no exército arxentino, pero cando a súa filla escapa cun soldado local, o pai deberá ir máis aló das liñas inimigas para atopala. 

FICHA TÉCNICA
Dirección: Lisandro Alonso
Guión: Lisandro Alonso e Fabián Casas
Produción: Ilse Hughan, Andy Kleinman, Viggo Mortensen, Sylvie Pialat, Jaime Romandia e Helle Ulsteen
Dirección de Fotografía: Timo Salminen
Deseño de Produción: Sebastian Roses
Montaxe: Gonzalo del Val e Natalia López
Música: Viggo Mortensen


FICHA  ARTÍSTICA
Viggo Mortensen
Diego Roman
Ghita Norby
Mariano Arce
Villbjork Malling Agger
Misael Saavedra
Adrián Fondari
Angela Wrinkler

Galardóns:
·   Festival de Cannes 2014: Premio FRIPESCI Un Certain Regard



O director, Lisandro Alonso (1975, Bos Aires, Arxentina)
Estudou na Fundación Universidad del Cine, en Bos Aires. Traballou coma produtor e axudante de dirección antes de pasar á dirección. Dos en la vereda (1995) foi o seu debut nas curtametraxes. La libertad (2001), o seu primeiro filme, do que tamén escribiu o guión, como fará a partir de entón en tódalas súas longametraxes.
Los muertos (2004) e Liverpool (2008) foron seleccionadas para o Festival internacional de Toronto.
Tanto nelas como en Fantasma (2006) ou na súa última produción ata o momento, Jauja (2014), amosa un cine de formulacións radicais e sen concesións ao cine entendido coma produto. As secuencias, con planos fixos, ritmo emocional e de carácter intimista son cualidades que permiten participar ao espectador e recoñecer a identidade humana dos seus personaxes, que vagan pola paisaxe na busca de sentido ás súas vidas.

 “Lisandro Alonso ofrece unha das máis suxestivas, elípticas e apaixonantes citas do ano (…) Unha película moi cerca da obra mestra.” (Luís Martínez, El Mundo)
“A película de Lisandro Alonso máis ambiciosa,complexa e rica ata o de agora (…) Un paradoxo sobresaínte: película única e múltiple.” (Jordi Costa, El País)
“Máis que unha película, unha experiencia sensorial de hipnótica beleza e árida fascinación.” (Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

VENRES 16 DE XANEIRO: 
FALÁNDOLLE A UN ESPELLO
Espectáculo 'Falándolle a un Espello', da compañía de teatro galega Producións Dispersas.
Un home descobre que é o único sobrevivente da fin do mundo. O planeta enteiro está a súa disposición! Un novo mundo só para el! Cheo de oportunidades e retos. Pronto as ausencias evidéncianse e as vellas rutinas substitúense por outras novas. Que facer? Onde ir? Que pasaría se alguén descubrise unha mañá que é o derradeiro habitante do planeta?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años