miércoles, 16 de diciembre de 2015

WHITE GOD: Venres 18 de decembro.

VENRES 18 DECEMBRO: 

WHITE GOD

Auditorio municipal 
de Carballiño
20:00 (español) e 22:30 (VOS)

Duración: 119’
Ano: 2014
País: Hungría



 SINOPSE

Unha nova lei da preferencia aos cans de raza e impón unha taxa considerable para as razas cruzadas.
Rapidamente, as canceiras énchense de cans abandoados.
Lili, de 13 anos, loita por protexer ao se can Hagen, pero o seu pai sóltao na rúa. Aínda crendo inocentemente que o amor pode conquistar calquera dificultade, Lili comeza
a buscar ao seu can para salvalo. Pola súa parte, Hagen loita por sobrevivir e decátase de que non todo o mundo é o mellor amigo dun can. Únese a un grupo de cans errantes, é capturado e enviado á
canceira. Pero nese momento comeza a revolución.

GALARDÓNS: 

Festival Cannes 2014: Mellor Película, sección Un Certain Regard
Festival de Sevilla 2014:Premio Euroimages

FICHA TÉCNICA

Dirección: Kornel Mundruczó
Guión: Kornel Mundruczó, Viktoria Petrányi e Kata Wéber
Produción: Eszter Gyárfás e Viktoria Petrányi
Dirección de Fotografía: Marcell Rév
Montaxe: David Jancsó
Música: Asher Goldsmichdt

FICHA  ARTÍSTICA


Zsófia Psotta
Sándor Zsótér
Lili Horváth
Szabolcs Thuróczy
Lili Monori
Gergely Bánki
Tamás Polgár
Károly Ascher

O director, Kornél Mundruczó

(Gödöllo, Hungría, 1975)
Director, guionista e actor húngaro, licenciado na Escola Superior de Arte Dramática e Cinematográfica de Budapest. Comeza a súa carreira en 1998 dirixindo curtametraxes, ata que debuta no mundo das longametraxes no ano 2000 con Nincsen nekem vágyam semmi, da que tamén escrebe o guión.
En 2005 consegue que a súa película Johanna sexa exhibida no festival de Cannes, na sección Un certain Regard, sección á que volve en 2014 para gañala coa película White God. Xa no ano 2008 recibira o premio da prensa (FRIPESCI) no mesmo festival por Delta.

Críticas

“Película cun acabado, ritmo e unha tensión crecente cando coquetea con suspense.”
(Luis Martínez, El Mundo).

“Fábula canina profunda coma unha trabada de rottweiler (…) Mestura entre Os paxaros de Hitchcock e o Espartaco de Kubrick.” (Rubén Romero, Cinemanía)
“Unha aventura de home vs. can, emocionalmente conmovedora e maxistral dende o punto de vista técnico.” (Guy Lodge, Variety)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años