martes, 9 de junio de 2015

Cinemas de Galicia: "El Rayo"

VENRES 12 DE XUÑO DE 2015: 
"El Rayo"

(España, 2013)

  86 MINUTOS

20:00 e 22:30 

(Idioma: español e árabe)

PREZO ENTRADAS: 3€

AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO




SINOPSE

A odisea de Hassan, un inmigrante marroquí que despois de trece anos en España xa non atopa traballo e decide voltar a casa.
Invirte todos os seus aforros nun tractor de segunda man para gañarse a vida en Marrocos e pretende levalo conducindo ata alí.
Cando chegou a España non tiña nada, agora regresa coa súa única posesión: O Rayo






Galardóns:
·   Ourense Film Festival: Premio Especial do Xurado 
·   Fantasporto: Premio Especial do Xurado da Semana de Directores


FICHA TÉCNICA

Dirección: Fran Araújo e Ernesto de Nova
Guión: Fran Araújo e Ernesto de Nova
Produción: Antonio Hens, Pandora da Cunha Telles, Pablo Iraola, Julio Diez, Jorge Beltrán e Guillermo Rojas
Deseño de Produción: María Zapico
Dirección de Fotografía: Diego Dussuel
Montaxe: Pablo Gil Rituerto
Música: Ana Villa e Juanjo Valmorisco

FICHA
ARTÍSTICA
Hassan Benoudra


Os directores
Fran Araújo (Vigo, Galicia, 1980) 
Ernesto de Nova (Elche, Comunidad Valenciana, 1980)
Para Fran Araújo El rayo é a súa primeira longametraxe coma director. Comezou a súa carreira como guionista na serie de televisión Periodistas e dende entón escribiu e dirixiu varios documentais (Marineros en Tierra, Proteger bajo el Fuego, El Desafío de Garamba) e curtametraxes (5 días de septiembre, Quid pro Quo, Una segunda posguerra) premiados en festivais como ALCINE, Medina del Campo ou Almería en corto. Actualmente desenvolve tres proxectos de longametraxes para Tele5 Cinema e imparte clase na Factoría del Guión
Ernesto de Nova empezou estudos de Medicina que deixou aos dous anos para estudar Comunicación Audiovisual.  El Rayo é a súa primeira longametraxe e a súa primeira incursión seria na dirección. Traballou en televisión en diferentes postos de produción, montaxe ou realización   (Amar en tiempos revueltos, Igual-es, Euskadi Comantxe) así como en comerciais (Nike, El Corte Inglés, Coca Cola), sendo a montaxe o campo que máis desenvolveu. A súa paixón é o mundo do documental  e o cine, onde tivo a oportunidade de participar en diversos proxectos (En la linea azul, El canto del loco. La pelicula, Orgullo. Duo kie…)  Actualmente traballa como montador dunha serie de ficción e paralelamente desenvolve un novo proxecto cinematográfico.


Esta película no está basada en hechos reales, es una historia real. El protagonista no es un actor, es un inmigrante marroquí que llegó a España sin nada y ahora regresa con su única posesión, un tractor. Cuando conocimos la historia de Hassan nos cautivó, así que decidimos echarnos a la carretera con él y su Massey Fergusson, que apenas alcanza los 30km/h, y poner rumbo a Marruecos. “El Rayo” es el resultado de ese viaje. Una roadmovie por la España de las carreteras secundarias donde todo lo que sucede tiene una base real y todas las personas que aparecen se interpretan a sí mismas.
Fran Araújo e Ernesto de Nova

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años