lunes, 19 de enero de 2015

"Perdida". Venres 23 de xaneiro.



(ESTADOS UNIDOS, 2014)


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

149 MINUTOS

VENRES 23 DE XANEIRO 

20:00 e 22:00
(Idioma: español)  

PREZO ENTRADAS:

3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 

5€ TRABALLADORES


AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO




SINOPSE

No seu quinto aniversario de voda, Nick Dunne informa de que a súa muller Amy desapareceu misteriosamente. Pero pronto a presión policial e mediática fai que o retrato de felicidade doméstica que ofrece Nick empece a tambalearse.
Ademais, a súa estraña conduta convérteo en sospeitoso, e todo o mundo comece a preguntarse se matou a súa esposa.

FICHA TÉCNICA
Dirección: David Fincher
Guión: Gillian Flynn, segundo a súa propia novela
Produción: Ceán Chaffin, Joshua Donen, Arnon Milchan e Reese Witherspoon
Dirección de Fotografía: Jeff Cronnenweth
Deseño de Producción: Donal Graham Burt
Montaxe: Kirk Baxter
Música: Trent Reznor e Atticus Ross

FICHA ARTÍSTICA
Ben Affleck
Rosamund Pike
Neil Patrick Harris
Tyler Perry
Kim Dickens
Patrick Fugit
Carrie Coon
Sela Ward





O director, David Fincher (Denver, Colorado, EEUU, 1962)

Criado en California, dende moi novo interésase polo cine, e xa aos 18 anos comeza a traballar para a produtora Korty Films, de onde pasa á famosa Industrial Light and Magic, fundada por George Lucas, onde está entre 1981 e 1983.
Fincher deixa ILM para adicarse á dirección de anuncios e vídeos musicais, creando Propaganda en 1987 xunto con outros directores como Dominic Sena, Greg Goid e Nigel Dick. Dirixe anuncios de TV para Nike, Coca-Cola ou Converse, entre outras famosas compañías; e dirixe os vídeos musicais de estrelas como Madonna, Sting, The Rolling Stones ou Michael Jackson.
Debuta como director coa longametraxe Alien 3 (1993), pero non sería ata 1995 con Seven que acada a fama internacional. El club de la lucha (1999), Zodiac (2007), El curioso caso de Benjamin Button (2008) e La red social (2010) son outros dos seus grandes éxitos, tanto de crítica coma de público.

  “Apaixonante. Fincher imparte unha nova lección sobre como unir estilos e estados de ánimo. (Federico Marín Bellón, ABC)
“Fincher confecciona un thriller absorbente e hipnótico, coa textura emocional dun melodrama.” (Luis Martínez, El Mundo)
“Thriller inquedante e perturbador, que non decae en ningún minuto da súa longa duración.” 
(Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años