martes, 9 de diciembre de 2014

Venres 12 de decembro: Black Coal


Fai click para ver o tráiler en VOS

BLACK COAL

(Bai ri yan huo)

(CHINA, 2014)
Estreno en España: 16 de setembro de 2014

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

106 MINUTOS

VENRES 5 DE DECEMBRO
20:00h (español) 
23:00h (VOS)

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


SINOPSE


En 1999 o policía Zhang Zili abandona o corpo tras a traumática morte dos seus compañeiros durante a investigación dun asasinato finalmente non resolto.

Cinco anos despois, o asasino volve á carga, e Zhang, convertido agora nun garda de seguridade con problemas de alcoholismo, prantéxase tentar capturalo pola súa conta.





Galardóns:
Festival de Berlín 2014: Oso de Oro á Mellor Película e Mellor Actor

                                              
Ficha técnica
Dirección: Diao Yinan
Guión: Diao Yinan
Produción: Vivian Qu
Dirección de Fotografía: Dong Jingsong
Deseño de Producción: Liu Qiang
Montaxe: Lee Yong.li
Música: Wen Zi

               
Ficha artística
Liao Fan
Kwai Lun-Mei
Wang Xuebing
Yu Ailei
Wang Jingchun
Ni Jingyang
               
               

O director, Diao Yinan (Xi’an, China, 1969)

Director, guionista e ocasional actor chinés, graduado na Academia Central de Drama de Shangai, en 1992, de onde xurdiron outros afamados directores e actores ou actrices chinos, como Ziyi Zhang, Jiang Wen ou Gong Li.
Comezou traballando como guionista en películas como La ducha (1999) de Yang Zhang e All the Way (2001) de Runji Shi. Debuta coma director con Uniform (Zhifu) (2003), á que segue Night Train en 2007 coa que consegue participar en Cannes na sección Un certain regard.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años