martes, 25 de noviembre de 2014

VENRES 28: "PELO MALO" e "El orden de las cosas"

(Venezuela, 2013)
  NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS
93 MINUTOS
VENRES 28 DE NOVEMBRO
20:00h
23:00h

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

Tamén proxectaremos a curtametraxe "El orden de las cosas"  en relación co Día Contra Á Violencia de Xénero
http://www.elordendelascosas.com/

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

 

SINOPSE
Junior é un rapaz de nove anos que ten o pelo rizo. El quere alisalo para a foto do anuario da escola, xa que así o levan os cantantes pop que están de moda. Esta circunstancia lévao a enfrontarse coa súa nai.
O que Junior quere é poñerse guapo para que a súa nai o queira, pero ela rexéitao cada vez máis.

 GALARDÓNS

·   Festival de San Sebastián: Concha de Oro

·   Festival de Mar de Plata: Mellor Director e Mellor Guión


CRÍTICAS INTERNET

CRÍTICAS ESPECTADORES

CRÍTICAS REVISTAS

FICHA ARTÍSTICA
FICHA TÉCNICA
Director: Mariana Rondón Guión: Mariana Rondón
 Dirección de Fotografía: Micaela Cajahuaringa
Música: Camilo Froideval

A directora, Mariana Rondón

(Barqusimeto, Venezuela, 1966)

Directora, guionista, produtora, artista plástica. Logo de estudar cine de animación en París, gradúase na primeira xeración da Escuela de Cine EICTV, Cuba. A súa curtametraxe Calle 22 recorre o mundo, recibindo 22 premios internacionais. A súa primeira longametraxe A LA MEDIA NOCHE Y MEDIA (2000), co-dirixida con Marité Ugás, foi presentada en máis de 40 festivais internacionais, recibindo premios de Opera Prima.
En 2007 estrea POSTALES DE LENINGRADO con 25 premios internacionais. En 2013 estrea PELO MALO gañadora da CONCHA DE ORO á Mellor Película do Festival de San Sebastián. Ademais gaña varios premios en dirección e guión en festivais como Mar Del Plata, Torino, Thessaloniki ou Viña del Mar.

Como produtora, crea SUDACA FILMS a inicios dos 90, xunto con Marité Ugás. Ambas, directoras e guionistas, intercambian o rol de produción en cada novo proxecto. En 2011 produce EL CHICO QUE MIENTE, dirixida por M. Ugás e estreada no Festival de Berlin. Actualmente produce Contactado. Nas Artes Plásticas, o seu proxecto de robótica LLEGASTE CON LA BRISA (premio Fundación Telefónica) foi exhibido en Caracas, Ciudad de México, Puebla, Gijón, Lima, Santiago e Beijing. 
Actualmente traballa na instalación interactiva SUPERBLOQUES.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años