miércoles, 8 de octubre de 2014

Venres 10 de Outubro: Dallas Buyers Club

DALLAS BUYERS CLUB

Non recomendada para menores de 12 anos

117 MINUTOS

VENRES 3 DE OUTUBRO

20:00h (Versión Dobrada) 

23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

ENTRADA INDIVIDUAL: 3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

Galardóns:

·   Oscar 2014: Mellor Actor Principal (Matthew McConaughey), Mellor Actor de Reparto (Jared Leto) e Mellor Maquillaxe e Estilismo.
·   Globos de Oro 2014: Mellor Actor Principal (Matthew McConaughey), Mellor Actor de Reparto (Jared Leto).
·   Festival Internacional de San Sebastián 2013: Premio Sebastián (Jean-Marc Vallée).
·   Festival de Roma 2013: Mariposa de Oro (Jean-Marc Vallée), Mellor Actor (Matthew McConaughey) e Premio do Público.


SINOPSE

Baseada na vida real de Ron Woodroof, un cowboy de rodeo texano drogadicto e mullereiro, a quen no ano 1986 lle diagnosticaron SIDA e lle prognosticaron un mes de vida. Empezou entón a tomar AZT, o único medicamento dispoñible naquela época e altamente tóxico.

Remiso a aceptar esa sentenza de morte, introdúcese no mundo dos fármacos clandestinos e acaba por converterse no maior promotor dun tratamento non aprobado legalmente, iniciando unha batalla contra a administración.








FICHA

Dirección: Jean-Marc Vallée
Guión: Craig Borten e Melisa Wallack
Produción: Robbie Brenner e Rachel Winter
Dirección de Fotografía: Yves Bélanger
Deseño de Producción: John Paino
Montaxe: Martin Pensa e John Mac McMurphy
Música: Varios


TÉCNICA

Título orixinal: Dallas Buyers Club
Ano: 2013
País: EEUU

               
FICHA
ARTÍSTICA
               
Matthew McConaughey
Jennifer Garner
Jared Leto
Steve Zahn
Dallas Roberts
Denis O’Hare
Griffin Dune
Kevin Rankin
Lawrence Turner

TRÁILER EN ESPAÑOL



TRÁILER EN VOSE



Crítica en Sermos Galiza (Andrés Castro)

O director Jean - Marc Vallée 
(Montreal, Quebec, Canada, 1963)

Director e guionista, debuta na dirección con Black List (1995), ademais de ocuparse do montaxe da mesma, pola que xa recibiu nove nominacións aos Premios Genie da cinematografía canadense. Tras dúas películas máis, escribe o seu primeiro guión, C.R.A.Z.Y. (2005), co que acada un éxito internacional de crítica e público, obtendo numerosos premios por todo o mundo.
Logo dun parón de catro anos, retorna con La reina Victoria (2009), nominada en varios festivais, incluído os Oscars, e que lle permite a súa protagonista, Emily Blunt, obter o Globo de Oro.
Café de Flore (2011) é a súa longametraxe previa a Dallas Buyers Club.



E o próximo venres: Ida (Pawel Pawlikowski, 2013)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años