lunes, 2 de junio de 2014

Programación Xuño 2014



Moi boas, deixámosvos un pouco de información sobre as películas e o cine-concerto deste mes:

O venres día 6 de xuño teremos o evento "Cartografias [casa interior]" con Celina Tavares e Jose Miguel Costa 
É un cine-concerto cativante pensado no reencontro coa identidade portuguesa, as suas múltiples raíces, fronteiras, encantos e desilusións. É un espaço onde, durante preto de 80 minutos, a música e o cinema se alian para mostrarnos rutas feitas e rutas posibeis nas Índias que desxamos, temos [somos] e cumprimos dun modo imperfecto pero sempre mellor.

O vindeiro 13 de xuño proxectamos Her (2013)126 min. con Joaquin PhoenixScarlett JohanssonAmy AdamsRooney MaraOlivia Wilde.

Sinopse: Nun futuro próximo, Theodore, un home soitario a piques de divorciarse que traballa nunha empresa como escritor de cartas para terceiras persoas, compra un día un novo sistema operativo baseado no modelo de Intelixencia Artificial, deseñado para satisfacer tódalas necesidades do usuario. Para a súa sorpresa, créase unha relación romántica entre él e Samantha, a voz feminina dese sistema operativo.



20 de xuño: Nebraska (2013)115 min. con  Bruce DernWill ForteStacy KeachBob OdenkirkJune SquibbMissy Doty.

Sinopse: A Woody Grant, un ancián con síntomas de demencia, comunícanlle por correo que gañou un premio. Cre que se fixo rico e obliga ao seu receloso fillo David a emprender unha viaxee para ir a cobralo. Pouco a pouco, a relación entre ambos, rota durante anos polo alcoholismo de Woody, tomará un cariz distinto para sorpresa da nai e do triunfador irmán de David.



27 de xuño, Nymphomaniac. volumen 1 (2013)117 min. Dirixida por Lars Von Trier (Melancolía) con Charlotte GainsbourgStellan SkarsgårdStacy MartinShia LaBeoufConnie Nielsen.
(Proxectaremos a segunda parte en setembro)

Sinopse: Historia dunha ninfómana contada por ela mesma. Unha fría noite invernal, un velloo solterón (Stellan Skarsgård) atopa nunha calella a una moza (Charlotte Gainsbourg) ferida e case inconsciente. Logo de recollela e coidala, sente curiosidade por saber como puido chegar esa muller a semexante situación; escoita atentamente o relato que ela fai da súa vida, unha vida chea de conflitos e turbias relacións. 





Os prezos coma sempre: 2,5€ estudantes/parados/xubilados e 5€ traballadores alén dos distintos bonos http://cineclubecarballino.blogspot.com.es/p/horarios-e-prezos.html

Horarios: 20:00 e 23:00
​Lugar: Auditorio Municipal de Carballiño

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años