HER
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE12 ANOS
126 MINUTOS
VENRES 13 DE XUÑO
20:00 horas E 23:00 horas
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Nun futuro cercano, Theodore,
un home solitario a piques de se divorciar que traballa nunha empresa como
escritor de cartas para terceiras persoas, compra un día un novo sistema
operativo baseado no modelo de Intelixencia Artificial, deseñado para
satisfacer tódalas necesidades do usuario.
Para a
súa sorpresa, créase unha relación romántica entre el e Samantha, a voz
feminina dese sistema operativo.
GALARDÓNS
Premios Oscar 2014: Mellor Guión Orixinal.
Globos de Oro 2014: Mellor Guión Orixinal.
CRÍTICAS INTERNET
CRÍTICAS ESPECTADORES
CRÍTICAS REVISTAS
REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Joaquin Phoenix, Scarlett Johansson, Amy Adams, Rooney Mara, Olivia Wilde, Chris Pratt, Sam Jaeger, Portia Doubleday, Katherine Boecher, Alia Janine, Matt Letscher
FICHA TÉCNICA
Director: Spike Jonze
Guión: Spike Jonze
Fotografía: Hoyte Van Hoytema
Música: Arcade Fire, Owen Pallett
Afeccionado ao skateboard,
comezou a traballar como fotógrafo e editor
de varias revistas de cultura
xuvenil, así como a dirixir (seguindo incluso actualmente) varios vídeos sobre
o propio skateboard. De aí, deu o salto a dirixir videoclips de artistas como Sonic Youth, Weezer, R.E.M., Bjork, The
Chemical Brothers, Fatboy Slim ou Beastie
Boys, gañando multitude de premios neste eido. Foi tamén un dos creadores e
guionistas do programa da MTV Jackass
(2000-2002).
O seu debut no mundo das longametraxe produciuse coa
película Como ser John Malkovich
(1999), pola que chegou a estar nominado aos premios Oscar como Mellor
Director, sendo o inicio da súa colaboración con guionista Charlie Kauffman,
que continuou na súa seguinte obra, Adaptation
(el ladrón de orquídeas) (2002).
Xa como único responsable das tarefas de escribir o guión,
dirixiu Donde habitan los monstruos
(2009) e mais recentemente, Her.