martes, 29 de abril de 2014

Fendorelha

FENDORELHA

2013 - galego
  VENRES 2 DE MAIO

20:00 horas (coa presenza do director) e 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES



AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


SINOPSE
  
Este relato crítico apoiase en tres personaxes: 
O primeiro é un fotógrafo cego que percorre Galiza denunciando o feísmo, mais a súa afección oculta é a maxia. 

O segundo é un fareiro e antigo capitán de navío que, ó ficar sen traballo emprégase nun tanatorio coma tanatoplasta. A súa verdadeira e 
tamén oculta paixón é compoñer cancións. 

O terceiro é un contable que coa crise da construción procurou traballo como repartidor de butano, pero que soña con ser poeta. 

Con esta trama, trátase de denunciar un dos pecados “capitais”: a ambición humana. 




Información adicional
"O fin da película Fendorelha é denunciar a ambición humana"
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/11/14/pelicula-fendorelha-denunciar-ambicion-humana/914060.html

Fendorelha denuncia en Marín a ambición humana
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/07/fendorelha-denuncia-marin-ambicion-humana/962658.html

O pontevedrés Augusto Fontám ficha ao Gran Wyoming para Fendorelha
http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/164947.html?lang=es

REPARTO ARTÍSTICO 

Alberto Angulo
 Xiana Díaz
 Xabier Castro
 Alfonso Lima (Pindoulo)
 Ángel Martínez Blas
 Josefa Freiria
 José Guimeráns

 E coa colaboración especial de: 

 El Gran Wyoming
 Leo Bassi 


FICHA TÉCNICA
Dirección: Augusto Fontám 
Guión: Augusto Fontám 
Dirección de Fotografía: Aquilino Valiño
Deseño Gráfico: Kiko da Silva
Montaxe: Nacho Limetre
Selección Musical: Rafa Carballo
Banda sonora: Debuxos Reanimados 



O DIRECTOR

Augusto Fontám

(Pontevedra, 1953)


Xa dende moi novo sinte atracción pola expresión artística como forma de comunicación, comezando a realizar cine doméstico e debuxando, aínda que será despois de sufrir unha catarses no ano 1977 no que procede a queimar todos os debuxos feitos ate o momento, cando inicie o seu particular camiño no ano 1979 asumindo o seu persoal compromiso có seu tempo e coa súa terra, Galiza. O seu traballo multidisciplinar no eido da cultura lévao á construción dun discurso moi particular que o autor aplica á comunicación, por medio da pintura, o debuxo, a poesía, o cine e os documentais, sendo a totalidade das súas expresións artísticas non aptas para o consumo de masas.

Obra poética (dez poemarios):
1. ARQINGUM 
2. CARTILAGUM 
3. CARNE CRÚA, dura-lex,efímero 
4. QUINIM-DIOLA 
5.TERRAMINIUM 
6. LUCANUS 
7. AS ESPINHAS, para os ghatos 
8. VESTIGIUM 
9. CICATRIZES, da pedra 
10. ÁGUA, para elefantes 

Obra audiovisual: 
documentais : VENTO GALEGO (colección 10 dvds) 
 AVENTAR (colección 10 dvds ) 
curtametraxes :
É O QUE DÁ FAZER MÍSTURAS 
NECROSE 
GALEG@ ceiva @ rapos@ que levas dentro 
A FRATERNIDADE DOS CÍCLOPES 
FENDORELHA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años