miércoles, 26 de febrero de 2014

Venres 28: BLUE JASMINE

BLUE JASMINE

NO RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS   
 

98 MINUTOS

 


VENRES 28 DE FEBREIRO

 20:00 horas - 23:00 horas

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES 
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO



                              SINOPSE

  Jasmine, unha muller rica e glamurosa da alta sociedade de Nova York, atópase de súpeto sen diñeiro e sen casa. Decide entón mudar á San Francisco a vivir coa súa irmá Ginger, unha muller da clase traballadora que vive co seu noivo nun pequeno apartamento.  

 

Jasmine, que atravesa o momento máis crítico da súa vida, adícase a tomar antidepresivos e recordar a súa antiga vida en Manhattan.

 

Galardóns/Nominacións

Oscars (3 nominacións):Guión, actriz e actriz secundaria
Globos de Ouro: Mellor actriz (Blanchett)
Premios BAFTA: Mellor actriz (Cate Blanchett)

 
CRÍTICAS INTERNET
 
 
CRÍTICAS ESPECTADORES

 
 
 

FICHA TÉCNICA

Director: Woody Allen

Guión: Woody Allen

Fotografía: Javuer Aguirresarobe

 

O DIRECTOR

Woody Allen

(Brooklyn, Nova York, EEUU, 1935)


Nacido Allen Stewart Konigsberg, rebautizouse Woody Allen aos 15 anos, cando comezou a escribir
chistes para columnistas de prensa. Ao finalizar os estudios secundarios uniuse ao equipo do
comediante Sid Caesar. De 1961 a 1964 traballou coma humorista en nighclubs, onde coñeceu aCharles F. Feldman, que o contratou para escribir o guión de ¿Qué tal, Pussycat? (1965)
Casino Royale (1967) e sobre todo Toma el dinero y corre (1969) cimentaron o seu éxito coma actorcómico, e posteriormente coma guionista e director películas coma Bananas (1971), El  dormilón(1973) ou La última noche de Boris Grushenko (1975).

Con Annie Hall (1977) obtén 4 Oscars, marcando o cambio dos seus inicios con películas mais
humorísticas a temáticas mais sociais e críticas, pero sen abandonar de todo ese ton de comedia:Manhattan (1979), Hannah y sus hermanas (1986), Delitos y faltas (1989), Maridos y mujeres(1992), Desmontando a Harry (1997), Granujas de medio pelo (2000), Match Point (2005) ou Medianoche en París (2011).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años