miércoles, 25 de septiembre de 2013

Concerto de Piano 29 de Setembro de 2013 ás 19:00

Entrada a 3€
SEVERIANO CASALDERREY CONDE
SeverianoCasalderrey Conde (O Castelo-Lérez, 1980) é pianista e profesor de música. Aos sete anos xa recibe as primeiras clases e, ao ano seguinte, ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra onde acada o título de Profesor de Piano baixo a tutela do mestre Javier del Río.Posteriormente, trasládase a Santiago onde compaxina os estudos musicais cos universitarios. No ano 2002, remata a Licenciatura en Historia da Arte na especialidade de Música e, un ano despois, titúlase como Profesor Superior de Piano.
No ano 2003, aproba as oposicións de Música ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario de Galiza. A súa vida profesional lévao a afincarse na localidade de Lalín, onde combina o seu labor docente entre o IES Ramón Mª AllerUlloa e o Conservatorio Profesional de Lalín. Neste último centro colabora en diferentes facetas entre as que sobresae actualmente a súa función como profesor de materias como Historia da Música, Análise Musical e Piano complementario. 
Entre a súa actividade concertística, sobresae a súa participación como solista de piano no I Concerto de Nadal 2006, interpretando o Concerto para Piano nº 21 en Do Maior de WolfgangAmadeusMozart. Como integrante de agrupacións musicais, salienta a súa presenza no dúo de Piano a catro mans “Ars Sonora” entre os anos 1997 e 2000, ofrecendo un total de cinco concertos entre Tui e Pontevedra. Tamén participou como integrante de grandes formacións existentes en Lalín, entre elas a Orquestra do Conservatorio de Lalín e a Banda Sinfónica de Lalín. En 2011, forma parte da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, formación coa que participa no Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia.
Nos últimos anos, decanta tamén o seu interese cara o marco do audiovisual, principalmente como ferramenta pedagóxica. Profesionalmente, inicia así a súa labor como programador de cinema en Cineclubes, Festivais e outros eventos. En 2010, crea e dirixe o Festival de Cinema de Animación ‘ANIRMAU’, proposta que afronta a súa 3ª edición no curso deste ano e que se caracteriza pola súa interesante programación internacional, ademais de retrospectivas, exposicións e obradoiros. Ten participado igualmente como xurado internacional en festivais de cinema como o Festival Internacional de Ourense, o FIC-Bueu, a XOCIVIGA (O Carballiño), o CINANIMA (Espinho – Portugal), e o TIDCA de Taipei (Taiwan). En febreiro de 2012, participa como poñente no Congreso“Ilustrando a diversidade” organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, aportando as súas ideas sobre a interrelación entre a ilustración e a imaxe en movemento. Neste mesmo ano, tórnase como membro académico da Academia Galega do Audiovisual, entidade que promove os Premios Mestre Mateo, onde se recoñece cada ano o mellor do audiovisual galego.



PROGRAMA CONCERTO


·          AMELIE (2001) [Suite de concerto]……….……………………………………YannTiersen
o    La valse d’Amélie
o    La dispute
o    La noyée
o    L’autre valse d’Amélie
o    Comptined’unautreété, l’après-midi

·          LA LISTA DE SCHINDLER (1993)…………………………………………John Williams
o    Main Theme

·          LAS HORAS (2002)……………………………………………..………….…….Philip Glass
o    The Hours

·          LEJOS DEL CIELO (2002)…………………………………………………Elmer Bernstein
o    Autumn in Connecticut

·          FORREST GUMP (1994)………………………………………….…………….Alan Silvestri
o    Feather Theme

·          CASABLANCA (1942)………………………………………………………Herman Hupfeld
o    As Time Goes By

·          EL PACIENTE INGLÉS (1996)……………………....………………………Gabriel Yared
o    Main Theme
o    Convento di Sant’Anna

·          FELIZ NAVIDAD, MR. LAWRENCE (1983)………...………………Ryuichi Sakamoto
o    Merry Christmas Mr. Lawrence

·          EL PIANO (1993) [Suite de concerto]…….………………………………Michael Nyman
o    Big MySecret
o    The Mood That Passes Through You
o    The Attraction of the Pedalling Ankle
o    TheHeartAsksPleasure First

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años