lunes, 3 de junio de 2013

EL CAPITAL

EL CAPITAL
SÁBADO 8 ás 23:00 e DOMINGO 9 ás 20:00 
XUÑO 2013
Emisión en VOSE o sábado as 23:00 e en ESPAÑOL o domingo as 20:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou BONO MENSUAL POR 5€ 
5€ para traballadores ou BONO MENSUAL POR 10€
auditorio municipal de carballiño



SINOPSE

Marc Tourneuil (Gad Elmaleh) é un cínico empleado de banca, un sector que está en plena crise económica en todo o planeta. Dende a nada, Marc comezará un ascenso imparable polas reviravoltas do mundo da banca ata converterse nunha das persoas mais poderosas e influintes do país.



                                              
                                                                           FICHA

Dirección: Costa-Gavras
Guión: Costa-Gavras, Jean-Claude Grumberg e Karim Boukercha, segundo a novela Le capital de Stéphane Osmont
Producción: Michèle Ray-Gavras
Dirección de Fotografía: Eric Gautier
Deseño de Producción: Sébastien Birchier
Montaxe: Yannick Kergoat e Yorgos Lamprinos
Música: Armand Amar


TECNICA

Título orixinal: Le capital
Duración: 114’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: VOSE o sábado as 23:00 e ESPAÑOL o domingo as 20:00

FICHA  ARTÍSTICA
               
                Gad Elmaleh
                Gabriel Byrne
                Liya Kebede
                Jordana DePaula
                Céline Sallette
                Hippolyte Girardot
                Natacha Régnier
                Paul Barrett
                Bernard Le Coq


O director, Costa-Gavras (Loutra-Irias, Grecia, 1933)

Deixa Atenas para ir a París, onde se licencia en Literatura. Posteriormente entra no Instituto de Altos Estudios Cinematográficos e traballa de axudante de Jacques Demy e René Clément.
Tras unha estancia en Grecia, coñece o libro de Vassilis Vassilikos Z, no que se reconstrúe o asasinato organizado pola policía dun líder esquerdista e o intento de disfrazalo de accidente. Á súa volta a Francia escribe o guión en colaboración Jorge Semprún. Non atopan financiación nun primeiro momento, e aproveitando a súa amizade con Jacques Perrin, montan unha produtora para levar a cabo o proxecto, que contará con Jean-Louis Trintignant e Yves Montand, aceptando traballar por unha baixa remuneración. Finalmente a película acada un enorme éxito a nivel de público e crítica, acadando o Premio do Jurado no Festival de Cannes e o Oscar á Mellor Película Estranxeira e ao Mellor Montaxe.

As súas seguintes películas serven para facer patente o seu compromiso político, usando dende o thriller político ata a ficción social: La confesión (1970), Estado de sitio (1972), Desaparecido (1982), La caja de música (1989), Mad City (1997) ou Amén (2002).

CRÍTICAS

“Hai toques de humor sardónico e outros que conectan có thriller financieiro, pero ao director nunca se lle vai das mans. Nin cede tampouco á tentación demagóxica que podería irromper neste tema” (Lluís Bonet Mójica, La Vanguardia).
“O autor fainos partícipes do seu xogo (…) Baixo a parodia lixeira e o espectáculo indigno do poder, aparece a rabia contida dun creador doente ante un mundo dominado pola especulación” (Carlos Marañón,  Cinemanía)
“Costa-Gavras converte en certezas a nosas intuicións: a avaricia insaciable deixa ao descuberto a esencia dun sistema que só cre no diñeiro coma único valor e sobre o que pretende fundamentar todas as manifestacións da existencia” (Antonio José Navarro,  Dirigido por…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años