lunes, 20 de mayo de 2013

De óxido y hueso

DE ÓXIDO Y HUESO
(NRM 16 anos)
VENRES 24 de MAIO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 
Alain atópase con Sam, de 5 anos, nos seus brazos: é o seu fillo, ó que apenas coñece. Sen domicilio, sen diñeiro e sen amigos, Alain refuxiase na casa da súa irmá en antibres, no sur de Francia. Alí, aloxados no garaxe, todo semella mellorar: ten traballo, ocúpase do pequeno e o clima é agradable.

Pero tras unha pelea nunha discoteca, o seu destino crúzase co de Stéphanie, unha entrenadora de orcas: Alain lévaa á súa casa. El é pobre, ela é fermosa e rebosa confianza. 

FICHA

Dirección: Jacques Audiard
Guión: Jacques Audiard e Thomas Bidegain, baseado na novela de Craig Davidson
Producción: Pascal Caucheteux
Dirección de Fotografía: Stéphane Fontaine
Deseño de Producción: Michel Barthélémy
Montaxe: Juliette Welfling
Música: Alexandre Desplat

TECNICA

Título orixinal: De rouille et d’os
Duración: 120’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
               
Matthias Schoenaerts
Marion Cotillard
Céline Sallette
Bouli Lanners
Alex Martin
Corinne Masiero
Tibo Vandenborre
               



Galardóns:
·   Premios Cesar da Cinematografía Francesa: Mellor Guión Adaptado, Música, Montaxe e Actor Promesa (M. Schoenaerts)
·   London Film Festival: Mellor Película.
·   Festival Internacional de Valladolid: Mellor Actor (M. Schoenaerts), Director e Guión.

O director, Jacques Audiard (París, Francia, 1952)

Dende comezos dos anos 1980 empeza a escribir guións coma El profesional (1981), Sac de noeuds (1985) ou Saxo (1987). E no ano 1994 debuta tras as cámaras con Mira a los hombres caer, coa que gaña o premio Cesar á mellor opera prima.
Continua con longametraxes coma Un héroe muy discreto (1996) e Lee mis labios (2001), das que tamén é autor do guión. Pero os seus grandes éxitos estaría por vir. En 2005 con De latir mi corazón se ha parado, coa que obtén 8 premios Cesar, incluídos director, guión e película; e en 2009, Un profeta, gañando tamén director, guión e película, ademais do Gran Premio do Xurado en Cannes. 




E para a semana... "Con tu dinero" de Setem Hego Haizea

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años