lunes, 1 de abril de 2013

THE MASTER

THE MASTER
(NRM 16 anos)
VENRES 5 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE

Estados Unidos, anos 50. Freddie Quell, un mozo veterano da Segunda Guerra Mundial, alcohólico e sufrindo de estrés pos-traumático, atópase co líder dunha organización relixiosa coñecida como A Causa, Lancaster Dodd, na que remata entrando.
A medida que a seita vai atraendo a mais seguidores, e Dodd adopta a Quell como a súa man dereita, as dúbidas van xurdindo neste.

FICHA

Dirección: Paul Thomas Anderson
Guión: Paul Thomas Anderson
Producción: Paul Thomas Anderson, Megan Ellison, Daniel Lupi e JoAnne Sellar
Dirección de Fotografía: Mihal Malaimare Jr.
Deseño de Producción: David Crank e Jack Fisk
Montaxe: Leslie Jones e Peter McNuffy
Música: Johnny Greenwood

 TECNICA

Título orixinal: The Master
Duración: 140’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
FICHA  ARTÍSTICA
               
Joaquin Phoenix
Philip Seymour Hoffman
Amy Adams
Laura Dern
Kevin J. O’Connor
Rami Malek
Jesse Plemons
Fiona Dourif
               


Galardóns:
·   Festival de Venecia: Mellor Director, Mellor Actor (J. Phoenix e P. S. Hoffman)
·   Festival de Cine de Hollywood: Mellor Actriz de Reparto (Amy Adams)

O director, Paul Thomas Anderson (Studio City, California, EEUU, 1970)

Moi influenciado polo seu pai, que presentaba un late night de terror en Cleveland, P. T. Anderson pertence a xeración de directores que coñeceron o cine a través das cintas de vídeo mais que nas propias salas ou na televisión.
A súa curtametraxe mais importante, e coa que se deu a coñecer foi The Dirk Diggler Story (1988). Traballando coma asistente en moitos anuncios e video-clips, por fin chégalle a oportunidade de debutar con Sydney (1996), onde xa se deixan notar moitas das marcas típicas do seu futuro cine: suaves movementos de cámara, longas escenas, sobresaíntes actuacións e un fabulosos uso da luz.
Boogie Nights (1997) foi o seu recoñecemento internacional cara ó público e Magnolia (1999) a nivel de crítica, gañando o Oso de Oro en Berlín.
Tras Embriagado de amor (2002), coa súa penúltima obra, Pozos de ambición (2007) gañaría o Oso de Plata ao Mellor Director en Berlín tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años