domingo, 21 de abril de 2013


HOLY MOTORS

(NRM 12 anos)
VENRES 26 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño


SINOPSE

O señor Oscar é unha persoa que viaxa de vida en vida: pasa de ser un grande executivo a un asasino, despois un mendigo, unha criatura monstruosa, un pai de familia... O señor Oscar semella interpretar varios papeis, sumerxíndose completamente en cada un deles, pero ¿onde están as cámaras? Está so, acompañado únicamente por Céline, unha señora maior, rubia que conduce a limusina que o leva a París e os seus arredores, na procura da beleza dun xesto, do motor da acción....

FICHA

Dirección: Leos Carax
Guión: Leos Carax
Producción: Martine Matignac, Albert Prévost e Maurice Tinchant
Dirección de Fotografía: Yves Cape e Caroline Champetier
Deseño de Producción: Emmanuelle Cuillery
Montaxe: Nelly Quettier
Música: Neil Hannon


TÉCNICA

Título orixinal: Holy Motors
Duración: 115’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: V.O.S.


FICHA ARTÍSTICA            

Denis Lavant
Edith Scob
Kylie Minogue
Michel Piccoli
Eva Mrndes
Jean-François Balmer
Big John
François Rimbau
Karl Hoffmeister




Galardóns:
·   Festival de Sitges 2012: Mellor Película e Director

O director, Leos Carax (Suresnes, Francia, 1960)

Crítico cinematográfico e director de varias curtametraxes, á idade de 24 anos, en 1984, realiza Chico conoce chica, o seu debut                                         nas longametraxes, coa que obtén un recoñecemento da crítica no festival de Cannes. Con ese éxito aínda fresco, realiza Mala sangre (1986) onde profundiza nos elementos da súa primeira obra, e que serán recorrentes nas posteriores:  visualmente sorprendentes, centradas no amor xuvenil e na alienación.
Los amantes del Pont-Neuf (1991) marca outro punto culminante na súa traxectoria, tras un enorme esforzo persoal de anos e diñeiro, que de todas formas non obtivo a súa recompensa nin a nivel de público, nin de crítica.
Durante outros 8 anos non volveu a dirixir outra película ata Pola X (1999), que non obtivo o impacto das súas anteriores películas. Agora, con Holy Motors, Carax volve a amosar esa vision orixinal e novedosa que sempre o caracterizou.

CRÍTICAS
“Un salto sobre a barreira da normalidade, unha obra estraña, inescrutable, demente, hipnótica, a ratos moi idiota e case sempre fermosísima” (Nando Salvá Rodríguez Marchante, El Periódico)
“Críptico, violento, xenial, torpe, enfermizo, cutre e febril. Todo cabe nunha película na que ata os coches falan” (Luis Martínez , El Mundo)
“Unha lección de cine libre e salvaxe (...) A beleza percorre toda a película, a pesar de que o culto ao feísmo e ao bizarro semelle colonizala” (Sergi Sámchez, La Razón)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años