miércoles, 6 de marzo de 2013

VENRES 8 DE MARZO: TABÚ

TABÚ
(nrm - 12 ANOS)
VENRES 8 de MARZOde 2013
20:00 (VOSE) e 23:00 (VOSE)
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño


SINOPSE
 Unha señora maior moi temperamental e a súa criada de Cabo Verde viven nun edificio de Lisboa. No mesmo piso vive tamén unha veciña devota das causas sociais.
Cando a señora morre, a criada e a veciña descobren un episodio da súa vida: unha historia de amor e crime en África, coma sacada dunha película de aventuras.

FICHA

Dirección: Miguel Gomes
Guión: Miguel Gomes e Mariana Ricardo
Producción: Luis Urbano e Sandro Aguilar
Dirección de Fotografía: Rui Poças
Deseño de Producción: Joaquim Carvalho
Montaxe: Telmo Churro e Miguel Gomes
Música: Antonio Lopes


TÉCNICA

Título orixinal: Tabú
Duración: 110’
Ano: 2012
País: Portugal
Idioma: V.O.S.
               
FICHA  ARTÍSTICA
               
                Teresa Madruga
                Laura Soveral
                Ana Moreira
                Henrique Espírito Santo
                Carloto Cotta
                Isabel Cardoso
                Ivo Müller
                Manuel Mesquita
              


GALARDÓNS:
·   Festival Internacional de Berlín: Premio FRIPESCI

O director, Miguel Gomes (Lisboa, Portugal, 1972)

Miguel Gomes estudou na Escola de Cine e Teatro de Lisboa, e entre 1996 e 2000 traballou coma crítico para a prensa portuguesa.
Dirixiu varias curtametraxes, obtendo premios nos festivais de Oberhausen, Belfort ou Vila do Conde.
Debuta no mundo das longametraxes con The Face You Deserve (2004). Dirixe posteriormente Our  Beloved Month of August (2008), presentado na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de Cannes, gañando posteriormente varios premios noutros festivais.
Tabú é ata o de agora a súa última película






CRÍTICAS

Obra esencial para entender o proceso de recuperación efectuado co cine primitivo e, en especial, o intento de reconciliar de novo unha mirada inocente e curiosa no espectador” (Quim Casas, Dirigido por…)
“Propón un elaborado exercicio intelectual e o disfroite da necesidade de relatar, no seu sentido mais primitivo e inocente” (Ricardo Aldarondo, Fotogramas)

ADEMAIS...
O Festival de Cinema de Animación "ANIRMAU" será presentado este venres no Carballiño polo seu director, Severiano Casalderrey Conde. O Festival vai camiño da III edición, que se celebrará entre os vindeiros 8 e 13 de abril segundo se indica na súa web http://www.anirmau.com/
A maiores logo da presentación, proxectárase unha curta presentada a este festival en edicións pasadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años