martes, 19 de marzo de 2013

Hermanos de Sangre

HERMANOS DE SANGRE
(Non está estreada nin distribuida en España, 
polo que non hai ten calificación de idades.)
VENRES 22 de MARZO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño


SINOPSE

Anos 60. Durante un caloroso verán, tres rapaces agachan ao seu amigo Ronnie, un criminal perseguido pola policía, no ático da inmensa mansión na que viven dous deles. Ronnie refúxiase alí sen que nin os pais dos rapaces nin o persoal da casa se decaten.
Ao principio a situación divírteos, ata o momento no que Ronnie comeza a ser unha carga.
FICHA

Dirección: Arno Dierickx
Guión: Bert Bouma e Jan Bernard Bussemaker
Producción: Reinier Selen e Edwin van Meurs
Deseño de Producción: Vincent de Pater
Montaxe: Wouter Jansen
Música: Johan Hoogewijs

TECNICA

Título orixinal: Bloedbroeders
Duración: 90’
Ano: 2008
País: Holanda
Idioma: V.O.S.
FICHA  ARTÍSTICA
               
Erik van Heijningen
Matthijs van de Sande                 Bakhuyzen
Derk Stenvers
Sander van Amsterdam
Carolien Spoor
Pierre Bokma
Betty Schuman


Galardóns:
·   Festival de Ourense 2009: Premio ao Mellor Director

O director, Arno Dierickx (Bélxica, 1960)

Graduado na escola de cine RITS de Bruselas como director, comezou a traballar coma asistente de dirección en películas e series das televisións belga e holandesa. En 1997 escribe, dirixe e produce a súa primeira curtametraxe, Thieves, rodada en Filipinas.
Voltando a traballar na televisión, obtén o premio Golden Calf pola súa TV-movie Maria at the Attic (1998). Segue a traballar en Holanda, dirixindo principalmente películas para a tele e series de calidade, polas que obtén recoñecemento.
En 2008 dirixe Hermanos de Sangre, coa que participa en numerosos festivais internacionais, entre eles, San Sebastián e Ourense, onde obtén o premio ao Mellor Director.
Segue a traballa na televisión holandesa mentres ultima a súa seguinte película, The Circle.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años