lunes, 28 de enero de 2013

El ARTISTA Y LA MODELO

El Artista y La Modelo
(Todos os públicos)
VENRES 1 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
Verán de 1943. Nun lugar da Francia ocupada, non lonxe da fronteira con España, vive un retirado e famoso escultor que se sinte hastiado da vida e da tolemia dos homes. Xa nada é capaz de animalo, de servirlle de estímulo.
Porén, coa chegada dunha rapaza española fuxida dun campo de refuxiados e que lle servirá de musa, renace nel o desexo de voltar a traballar e esculpir a súa derradeira obra.

                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Fernando Trueba
Guión: Fernando Trueba e Jean-Claude Carrière
Producción: Cristina Huete
Dirección de Fotografía: Daniel Vilar
Deseño de Producción: Pilar Revuelta
Montaxe: Marta Velasco


TECNICA

Título orixinal: L’artiste e son Modèle
Duración: 104’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
               
        FICHA  ARTÍSTICA
               
                Jean Rochefort
                Aida Folch
             Claudia Cardinale
                Götz Otto
                Chus Lampreave
                Christian Sinninger
                Martin Gamet
                Mateo Deluz


Galardóns
Festival de San Sebastián 2012: Mellor Director

O director, Fernando Trueba (Madrid, España, 1955)
Fernando Trueba estudiou Imaxen na Facultad de Ciencias de la Información, e comezou coma crítico de cine no periódico 'El País' e para 'La Guía del Ocio’. Mesmo fundou o xormal "Casablanca".
Tras varias curtas, debuta no mundo da longametraxe  con Ópera prima (1980), seguindo a estela da comedia madrileña, na que se englobaría ata o éxito internacional de Belle Epoque (1992), coa que gañou o Oscar á Mellor Película de Fala non Inglesa.


Reclamado por Hollywood, roda Two Much (1995) pero volta a España para seguir coa súa carreira con éxitos coma La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000) ou El embrujo de Shanghai (2002).

CRÍTICAS
“Nótanse as influencias das que bebe Trueba (o realismo poético francés ou Renoir), pero o resultado é inequívocamente persoal” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Trueba filma unha das súas obras mais persoais e lúcidas (…) Todo se antolla perfectamente medido, controlado, libre de xestos ou pausas mortas” (Luis Martínez, El Mundo)
“Unha reflexión chea de arte sobre o arte (…) Película a contracorrente, profunda, escrita con mimo” (Carlos Boyero, El Pais)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años