martes, 24 de julio de 2012

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA (XOCIVIGA 2012) (3-7 de Agosto)

STOP ISRAEL NUCLEAR + PELÍCULA URGENTE SOBRE PALESTINA



NON ÁS ARMAS

Presentación da campaña Stop Israel Nuclear. Na cal se pide a non proliferacion de armas nucleares en Israel co obxetivo de ter un Oriente Medio libre de armamento nuclear. Para máis información sobre este movemento que implica a varias nacións do planeta Terra podedes consultar a seguinte  páxina (http://stopisraelnuclear.org/?lang=GL). Na mesma páxina tamén podedes firmar dita solicitude (http://www.change.org/petitions/united-nations-security-council-stop-israel-s-nuclear-arsenal-the-real-threat-to-world-peace)
NATUREZA

¿Por que non nos paramos a pensar moitas veces que a natureza é o noso ben máis preciado?
As guerras inundan os campos e bosques máis frondosos convertindoós nun deserto no que nada crece e só hai desolación.
Digamos un SI en maiúsculas a un mundo sen armas que evoquen a destrucción de zonas de gran beleza e que nos inundan de alegría.
Digamos un NON tamén en maiúsculas a un mundo de ataques e de guerras.

DIGAMOS UN SI ABSOLUTO A VIVIR NUN MUNDO EN CONSONANCIA COA NATUREZA.

Pois é o máis importante que temos.


PELÍCULA URGENTE POR PALESTINA

Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.

O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.

Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.

Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.

Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.

Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.

Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.

Isto nom é umha película.

FICHA TÉCNICA

Título Orixinal: Película urgente por Palestina
País: Palestina - Galiza
Ano: 2011 - 2012
Duración: 14 minutos
Xénero: Documental social
Autor: COSAL - Galiza, Alberte Pagán
Rodaxe: Palestina (Agosto 2011)
Toma de son: Cris Lores

Locución galego: Dionisio Pereira

Traducción e locución árabe: Mohamed Safa

Locución español: Xan Torres

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años