lunes, 9 de julio de 2012

ADIANTO CINE AIRE LIBRE E XOCIVIGA 2012

CINE Ó AIRE LIBRE E XOCIVIGA 2012


Este verán do 2012 teremos actividades nos meses de Xullo e Agosto.

Proxectaremos Cine ó aire libre durante a última semana de Xullo, concretamente durante os días 
31 de Xulio e os días 1 e 2 de Agosto (martes, mércores e xoves) e constará das seguintes películas: Robin Hood, Coñecerás ó home dos teus sonos e A Guerra dos Botóns. Das cales vos adiantamos os traileres por se queredes ir botando unha ollada.

O Cine O Aire Libre terá lugar na Praza das Monxas (Praza Hermanos Prieto)
de O Carballiño.

ROBIN HOOD


COÑECERÁS Ó HOME DOS TEUS SONOS




A GUERRA DOS BOTÓNS




Por outra banda e durante a primeira semana de Agosto, durante os días 3,4,5,6 e 7, é dicir, desde o venres ata o seguinte martes, estaremos coas Xociviga 2012, onde contaremos coa honrosa visita de Miguel de Lira ( http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=146 ) a quen lle entregaremos a Insgnia da Xociviga de Honra 2012 o día 7 de Agosto.

De seguido unha curta, que ten a Miguel de Lira como protagonista e que se exhibiu durante o I Ciclo Xociviga en Curto que tivo lugar os días 24 e 25 de Febreiro de 2012.

CURTAMETRAXE EMPANTANADOS (PARTE I)



                                         CURTAMETRAXE EMPANTANADOS (PARTE II)



Nos próximos días publicaremos as entradas correspondentes as películas do Cine O Aire Libre e as Xociviga 2012.

Unha aperta cinefil@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Outubro de 2017 - Sesións de outubroFilmoteca CGAI A Revolución rusa é un dos acontecementos máis importantes do século XX, non só polo que supuxo para o Imperio ruso, que ...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años