martes, 31 de julio de 2012

ACTIVIDADES PARALELAS AS PROXECCIÓNS DE CINE

ACTIVIDADES PARALELAS AS PROXECCIÓNS DE CINE



A parte das proxeccións xa establecidas e que se poden consultar na seguinte ligazón (http://cineclubecarballino.blogspot.com.es/2012/07/horario-e-datas-das-xociviga-2012.html).

Nestas XOCIVIGA 2012 vanse levar a cabo as seguintes actividades paralelas para que tódalas persoas poidan asistir a elas entre os días 3 e 7 de Agosto.


CONFERENCIA: A MULLER NA CINEMATOGRAFÍA GALEGA
(EVOLUCIÓN E SITUACIÓN)


Anna Amorós Pons


Aproveitando o ciclo sobre cine feito por mulleres que se inclúen nas Xociviga 2012. A organización (Cineclube Carballiño e o Concello de O Carballiño) teñen a honra de presentar esta conferencia presidida por Anna Amorós Pons, Profesora Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Vigo (UdV).

Dita conferencia terá lugar o sábado día 4 ás 12:00 horas na Casa da Cultura.

EXPOSICIÓN: OS ADEUSES


No Auditorio Municipal poderase contemplar o conxunto de fotografías realizadas por Alberto Martí, fotógrafo de A Coruña, sobre a emigración galega ó longo da súa historia.
Páxinas que versan sobre a exposición

(Sobre a exposición)


(Entrevista a Alberto Martí)

Exposición Camiños de Paz


Na Casa da Cultura de O Carballiño poderemos gozar desta exposición organizada por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e por ACPP (Asamblea de Cooperación pola Paz) amosa o traballo das sociedades israleitas e palestinas que denuncian  en prol da paz entre estas dúas sociedades.



Páxinas que versan sobre a exposición


Exposición Lois Pereiro



Na Casa da Cultura teremos a exposición sobre o poeta galego Lois Pereiro que se puido ver no IES CHAMOSO LAMAS de O Carballiño durante este ano.

Unha forma máis de acercarse a este poeta, o cal se lle adicou o día das Letras Galegas este ano 2012.

PÁXINAS QUE VERSAN SOBRE A EXPOSICIÓN




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años