martes, 19 de junio de 2012

El Topo (XOVES 21)

EL TOPO
(Xoves 21 de xuño: 20:00 e 23:00)
Auditorio Municipal do Carballiño
SINOPSE

Anos 70, plena guerra fría. O fracaso dunha misión especial en Hungría provoca o cambio na cúpula dos servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley. Porén, cando xa se fixera á idea de retirarse, encárganlle unha misión especial: sospeitase que hai unha toupa infiltrada na propia cúpula do servizo e só alguén de fóra pode indagar quen é.
Coa axuda doutros axentes xubilados, Smiley irá recabando información e encaixando as pezas para intentar descubrir ao traidor.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Tomas Alfredson
Guión: Bridget O’Connor e Peter Straughan, segundo a novela de John le Carré
Producción: Tim Bevan, Eric Fellner e Robyn Slovo
Produción Executiva: Liza Chasin, Ron Halpern, Debra Hayword, John le Carré, Peter Morgan e Douglas Urbanski
Dirección de Fotografía: Hoyte van Hoytema
Deseño de Producción: Maria Djurkovic
Montaxe: Dino Jonsäter






Música: Alberto Iglesias
Vestiario: Dan Grace e Gábor Homonnay
Maquillaxe:  Alison Hanken

Título orixinal: Tinker Taylor Soldier Spy
Duración: 127’
Ano: 2011
País: Inglaterra
Idioma: Español

FICHA  ARTÍSTICA

Gary Oldman
Colin Firth
Tom Hardy
Mark Strong
Benedict Cumberbatch
Toby Jones
John Hurt
Ciarán Hinds
Simon McBurney


O director, Tomas Alfredson (Lidingö, Suecia, 1965)

Fillo dun comediante, escritor e director, Tomas Alfredson dende moi neno entra en contacto co mundo da actuación. Así, entra na Svensk Filmindustri, a mais reputada compañía e distribuidora de películas de Suecia (produciu a maioría das longametraxes de Ingmar Bergman). Tras traballar alí coma asistente, salta á televisión pública onde dirixe multitude de TV movies.
Tras ler a novela Déjame entrar, de John Ajvide Lindqvist, decide que ten que levala a pantalla grande, e finalmente debuta en 2008 nas longametraxes co esa adaptación, que en seguida se converte nun éxito mundial.
Porén, cansado de loitar contra a industria fílmica sueca, á que acusa de carecer de poder e valor, tómase un longo descanso, ata que é convencido para poñerse de novo tralas cámaras con El topo.

“ Fábula sobre a soidade e a desesperación entre homes que nunca amosan os segredos dos seus corazóns” (Peter Travers, The rolling Stones)
“Alfredson captou o espírito de le Carré, o seu estilo visual é tenso e pausado, describe os matices e fai entendible unha historia complicada de narrar en imaxes” (Carlos Boyero, El País)
 “Mais ca unha película de espionaxe, que obviamente o é, El Topo indaga nas relacións frontais entre personaxes abocados a situacións límite por cuestións éticas, morais, profesionais, ideolóxicas ou de simple supervivencia nun mundo tendente a desmoronarse ” (Quim Casas, Dirigido por…)

F  Si che gustou, recomendámosche tamén: Nuestro hombre en La Habana (Carol Reed, 1959) ou El espía que surgió del frío (Martin Ritt, 1965) 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años