sábado, 7 de abril de 2012

ARRUGAS: Venres 13 de Abril de 2012


ARRUGAS

Auditorio Municipal de Carballiño
Venres 13 as 20:00 e as 23;00
Entradas a 2€ e a 4€





SINOPSE

Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico, fanse amigos. Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar á planta dos asistidos, que é como chaman aos desafiuzados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, porque aínda que para moitos as súas vidas xa remataran, eles acaban de empezar unha nova.


Duración: 89 minutos
Ano: 2011
País: España
Idioma: Castelán





Galardóns:


Premios Goya: Mellor Película de animación e Mellor Guión Adaptado


O director, Ignacio Ferreras (Madrid, España, 1973)


Animador e director de gran experiencia internacional, entre a que destaca o seu traballo coma animador na longametraxe de Sylvain Chomet The Illusionist (2010), o segmento 1000c SMS Finals (2008) e o seu traballo de storyboard na película Asterix e os Vikingos (2004). Dende 2005 compaxina a súa labor profesional coa docencia, dando clases e conferencias no prestixioso Animation Workshop (Dinamarca), na National Film School of Denmark e Na Univerisdade de Volda (Noruega).

No ano 2002 completa a súa premiada curta How to Cope with Death, como creador, animador e director, encargado por Channel 4, gañando o premio Jean-Luc Xiberras á Mellor Primeira Curtametraxe, en Annency, ademais doutros 22 premios internacionais.


“Unha das películas españolas mais logradas, de calquera xénero, nos últimos anos” (Neil Young, The Hollywood Reporter)


“No seu paso ao cine. A novela gráfica de Paco Roca semella tocada pola poesía de Hayao Miyazaki (…) é fascinante ver como elude todo asomo de melodramatismo” (Sergi Sánchez, La Razón)


Si che gustou, recomendámosche tamén: El hijo de la novia (Juan José Campanella, 2000) ou El diario de Noa (Nick Cassavettes, 2004)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años