NO HABRÁ PAZ PARA LOS MALVADOS
Venres 17 de febreiro
20:00 e 22:30
SINOPSE
20:00 e 22:30
SINOPSE
Madrid, ano dous mil e pico. Un domingo calquera, de camiño a casa o inspector Santos Trinidad, xa moi bébedo, vese involucrado nun triple asasinato. Pero hai unha testemuña que consegue fuxir… e podería incriminalo. Santos inicia a caza do home.
Mentres, a xuíza Chacón, encargada da investigación, avanza meticulosamente na busca do asasino.
Ambos descubrirán que nada é o que semella, e o que empeza sendo un simple caso de tráfico de drogas, desembocará en algo moito mais perigoso.
Duración: 96’ Ano: 2011 País: España Idioma: Español
O director, Enrique Urbizu (Bilbao, 1962)

Xa instalado en Madrid, dirixe dúas comedietas mais: Cómo ser infeliz y disfrutarlo (1994) e Cuernos de mujer (1995). Nesa época coñece a Arturo Pérez-Reverte. Así, adapta unhas das súas novelas, Cachito (1996) e encárgase do guión de La novena puerta (1999), dirixida por Roman Polanski.
No ano 2002 volve ao thriller con La caja 507, coa que consegue dous Goyas. Tras o drama La vida mancha (2003) e o segmento Adivina quién soy (2006) da produción para a TV Películas para no dormir, esta longametraxe No habrá paz para los malvados e xa aclamado coma a que probablemente sexa a súa mellor obra.
“Fibroso e áspero thriller repleto de suxestións, reflexións e rudos momentos poéticos, difíciles de atopar no cine contemporáneo” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)
“Unha vigorosa mostra de cine negro contido e contundente como poucas se ven no panorama español” (Eulàlia Iglesias, Público)
“A crible e magnética negrura de Urbizu (…) posúe un arte apabullante para contar unha intriga complicada (…) A presenza e economía xestual de Coronado impresionan” (Carlos Boyero, El País)
No hay comentarios:
Publicar un comentario