sábado, 4 de febrero de 2012

Ciclo XOCIVIGA En Curto

I CICLO XOCIVIGA EN CURTO. NIVEL GALEGO
(24 e 25 de febreiro de 2012)
Despois de que varias persoas de fóra do Carballiño nos preguntasen se podían presentar curtametraxes súas, a dirección do Cineclube Carballiño decidiu estender esta actividade a nivel autonómico. Con isto queremos dicir que calquera persoa que sexa galega ou habite en Galicia pode presentar curtametraxes. 

Fárase unha selección das que nos cheguen. Podédelas subir a algún servidor de internet e pasarnos a ligazón, sendo esta a opción preferible. Aínda que se o desexades, poderiamos mirar a posibilidade de que nos mandásedes en formato físico as curtas.

O tema é libre.
Poden estar tanto en galego como en castelán, ou incluso noutro idioma sempre que teñan os correspondentes subtítulos.

A data limite para presentar as curtametraxes será o día 20 de febreiro, xa que as proxeccións das mesmas serán os días 24 e 25 de febreiro, nunhas horas aínda por determinar.
A exhibición será no Auditorio Municipal de Carballiño.


Calquera dúbida así como as ligazóns ás vosas obras, podédenolas facer chegar mandando un correo electrónico a cineclubecarballino@gmail.com.

Esperamos que participedes! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años