Nadie quiere la noche
Data proxección: 05/02/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 118'
Lugar: Auditorio municipal de Carballiño
Ano: 2015 - País: España - Francia - Bulgaria
Josephine, unha muller rica e
culta, inicia unha expedición ao Polo Norte para reunirse co seu marido, o
explorador Robert Peary. Durante a súa viaxe, atópase cunha humilde muller
esquimó. A pesares das numerosas diferenzas culturais e persoais, ambas terán
que unirse para poder sobrevivir ás duras condicións climáticas da tundra.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Isabel Coixet Guión: Miguel Barros
Produción: Jaume Roures Dirección de Fotografía: Jean-Claude Larrieu Deseño de Produción: Alain Bainée
Montaxe: Elena Ruiz Música: Lucas Vidal
FICHA ARTÍSTICA
Juliette
Binoche - Rinko
Kikuchi - Gabriel
Byrne - Matt
Salinger -
Velizar
Binev - Ciro
Miró - Reed
Brody - Alberto
Jo Lee
A
directora, Isabel Coixet (1960, Barcelona, España)
Estudou Historia Contemporánea na Universidade de
Barcelona. Posteriormente traballou coma periodista na revista Fotogramas. A súa afección pola imaxe
fixo que se acercara ao mundo do cine, onde comezou desempeñando diversas
tarefas coma, e a publicidade, creando posteriormente unha produtora propia.
Decidida a filmar a súa primeira película, trasladase aos Estados Unidos, onda
roda Cosas
que nunca te dije (1996).
Posteriormente roda outras películas,
principalmente no estranxeiro e con gran participacin mí (2003), La ión internacional, incluíndo actores de Hollywood coma Tim Robbins, Dennis Hopper ou Ben Kingsley. Entre as súas longametraxes atopamos: Mi vida svida secreta de las palabras (2005), Elegy (2008) ou Ayer
no termina nunca (2013).
Comparte a súa faceta de directora de cine coa
creación de spots para marcas coma Ford,
Danone, British Telecom, BMW e un moi recordado para Evax, entre outras. Así mesmo tamén dirixiu videoclips para
artistas, dende Alejandro Sanz ata Sexy Sadie, e encargouse da dirección dunha
gala de entrega dos Premios Goya.
CRÍTICAS
“Sobrio exercicio de Isabel
Coixet (…) Unha película de incuestionable beleza.”
(Luís Martínez, El Mundo)
“Magnífico guión (…) Todo é claro e evidente, en boa medida, grazas a
marabillosa actriz que é Juliette Binoche e á hipnótica fotografía de Larrieu.”
(Salvador Llopart, La Vanguardia)
“Un poderoso, case conceptual, retrato de calidades femininas nas
circunstancias máis adversas.”
(Andrea G. Bermejo, Cinemanía)
E a próxima sesión: District Zero
(Jorge Fernández Mayoral, Pablo Tosco e Pablo
Iraburu, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario