Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 70'
Lugar: Auditorio municipal de Carballiño
Idioma: V.O.S.
Idioma: V.O.S.
Ano: 2015 - País: España
Zaatari, un campo de refugiados de Jordania en el que viven 80.000 personas
SINOPSE
Como todas as mañás, Maamun
Al-Wadi abre a porta da súa tenda. É un diminuto contedor branco. Ao seu lado,
outro contedor idéntico. E logo outro, e outro. O horizonte está formado por
miles de contedores absolutamente iguais. Estamos nun dos campos de refuxiados
máis grandes do mundo, Zaatari, en Xordania.
Na
tenda de Maamun reparan móbiles, e nas súas tarxetas de memoria, os clientes
gardan o seu pasado en Siria.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Jorge Fernández Mayoral, Pablo Tosco e Pablo
Iraburu - Guión: Jorge Fernández Mayoral, e Pablo Iraburu Produción: Arena
Comunicación - Dirección de Fotografía: Jorge Fernández Mayoral e Pablo Tosco - Montaxe: Jorge Fernández Mayoral e Miguel García -Música: Jordi Savall
FICHA ARTÍSTICA
(DOCUMENTAL)
Maamum
Al-Wadi
Karim
RajabLigazóns de interese
Páxina web oficial
http://www.districtzero.org/
Entrevista aos directores http://www.medicosdelmundo.es/blogosfera/navarra/2016/01/07/hablamos-sobre-district-zero-con-sus-tres-directores/
OS DIRECTORES
PABLO IRABURU
Fundador de Arena
Comunicación Audiovisual. Leva máis de 20 anos dedicado á produción de
documentais, o que o levou a rodar por todo o mundo. A súa primeira
longametraxe como produtor, codirector e coguionista foi Nömadak Tx, rodada en
Laponia, India, Mongolia e norte de África, e premiada en San Sebastián. Aparte
da súa faceta de documentalista, Iraburu produce audiovisuais para diversos museos
-como o Museo Arqueolóxico Nacional-, programas de televisión -como o que
narrou a expedición de Edurne Pasabán ao Everest-, e vídeos para ONGs e
entidades sen ánimo de lucro - como Action Aid, Manos Unidas, Medicus Mundi,
Naciones Unidas ou a Axencia Española de Cooperación Internacional-. É profesor
de Documental na Universidade de Navarra.
JORGE FERNÁNDEZ MAYORAL
Realizador e editor, leva nove anos dedicado á realización
audiovisual. Traballou coma xefe técnico en Arena Comunicación dende 2004 a
2011, e dende entón colabora coa empresa e con outras produtoras como
realizador freelance especializado en cine documental. Entre os seus proxectos
máis destacados, atópase a longametraxe documental Nömadak Tx e os documentais
To
Shoot an Elephant, What about Columbus, Piztera
e Nos
quitaron todo. Recentemente traballou coma subdirector e realizador nos
programas de televisión Yasuní, genocidio en la selva e Amazonas
Clandestino, para a cadea Discovery Max.
PABLO TOSCO
Fotoperiodista e realizador, dende 2004 documenta
para Oxfam Intermón proxectos de cooperación, desenvolvemento e acción humanitaria
en África, América Latina e Asia. Encargouse de documentar os proxectos
educativos e de construción de paz en Angola, a vida nos campos de refuxiados
sudaneses en Chad, o traballo das asociacións campesiñas de Marrocos, as
vítimas do terremoto de Haití e Nepal, a crise alimentaria en Etiopía, a do
ébola en Liberia e Sierra Leona, y recentemente, o conflito sirio, sobre o que
publicou un libro en 2014 chamado Siria:
La primavera marchita, xunto a outros
fotoperiodistas. Como realizador audiovisual, destacan as seguintes
curtametraxes documentais nas que traballou como guionista e director de
fotografía: Huellas que no callan (Colombia), Postales del otro lado de la
guerra (Sudán del Sur), e Felipe Manterola, un fotógrafo rural
(Bizkaia).
"Outras ligazóns de interese"
http://www.lamarea.com/2015/11/03/district-zero-dia-campo-refugiados/http://www.oxfamintermon.org/es/sala-de-prensa/nota-de-prensa/district-zero-documental-sobre-vida-de-refugiados-sirios-traves-de-sus
http://kaosenlared.net/district-zero-un-dia-cualquiera-en-un-campo-de-refugiados/
E a próxima sesión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario