VENRES 29 DE XANEIRO
LOS EXILIADOS ROMÁNTICOS
Título orixinal: Los Exiliados Románticos
Tres amigos emprenden unha viaxe sen motivo aparente, tan só buscando amores idílicos e á vez efémeros, coa única misión de sorprenderse a si mesmos e seguir a sentirse vivos.Algúns poderían dicir que se trata de queimar as derradeiras naves da xuventude, mentres que outros falarán da decadencia do xénero masculino.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Jonás Trueba
Guión: Jonás Trueba
Produción: Los Ilusos Films
Dirección de Fotografía: Santiago Racaj
Deseño de Produción: Miguel Ángel Rebollo
Montaxe: Marta Velasco
Música: Tulsa
Galardóns:
Galardóns:
· Festival de Málaga 2015: Premio Especial do Xurado e Mellor Música
FICHA ARTÍSTICA
Vito Sanz
Renata Antonante
Francesco Carril
Isabelle Stoffel
Luís E. Parés
Vahina Giocante
Miren Iza
Sigfrid Monleón
Renata Antonante
Francesco Carril
Isabelle Stoffel
Luís E. Parés
Vahina Giocante
Miren Iza
Sigfrid Monleón
O director, Jonás Trueba (1981, Madrid, España)
Fillo de Fernando Trueba e Cristina Huete, comeza no mundo do cine coma guionista, participando en varias películas, entre elas El baile de la victoria (2009), guión polo que foi nominado ao Goya aoMellor Guión Adaptado. Posteriormente, escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi nominado ao Goya ao Mellor Director Revelación, e Los ilusos (2013).
É tamén autor do libro Las ilusiones (editorial Periférica) e traballou esporadicamente coma editor de libros de cine para a editorial Plot. Colabora en diversos medios de comunicación e escribe sobre cine no blog de cine de El Mundo (El viento sopla donde quiere).
Compaxina a dirección coa docencia universataria como profesor de Dirección Cinematográfica.
Críticas
“A película ofrécese coma unha puntual descrición dunha gadoupada ao tempo, ao verán, á xuventude, e xa postos, á propia vida. Ao amor.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Película contada con tal vitalidade que nos fai crer na felicidade e na infantil camaradería do baño nun lago.” (Sergi Sánchez, Fotogramas)