TRÁILER EN ESPAÑOL
Galardóns:
· Premios Oscar 2014: Mellor Guión Adaptado
· Festival de Toronto 2014: Mellor Película (Premio do Público)
TRÁILER EN VOS
FICHA
Dirección: Morten Tyldum
Guión: Graham Moore, segundo o libro de Andrew Hodges
Produción: Nora
Grossman, Ido Ostrowsky e Teddy Schwarzman
Dirección de Fotografía: Oscar Faura
Deseño de Produción: Maria Djurkovic
Montaxe: William Goldberg
Música: Alexandre Desplat
|
FICHA ARTÍSTICA
Benedict Cumberbatch
Keira Knightley
Matthew Goode
Rory Kinnear
Allen Leech
Matthew Beard
Charles Dance
Mark Strong
|
Educado na Escola de Artes Visuais de Nova York,
orixinalmente quería ser músico, pero abandonou a súa ambición entrando na
escola de cine. Comezou dirixindo anuncios de televisión e vídeos musicais, e
posteriormente diversos capítulos para series de TV, así coma curtametraxes.
O seu debut na gran pantalla prodúcese con Buddy
(2003) obtendo gran éxito en Noruega. Non é ata 2011, con Headhunters que consegue
ir máis aló das fronteiras do seu país, e certo recoñecemento a nivel internacional,
o que lle permite dirixir a súa primeira longametraxe fora de Noruega, e en
lingua inglesa: The Imitation Game, coa que acada un éxito a nivel mundial e
ata 8 nominacións aos premios Oscar.
Críticas
“A película non fala do enigma
que é o ser humano: fala de cómo este vese obrigado a cifrar os seus
sentimentos e personalidade como defensa ante o poder.”
(Fausto Fernández, Fotogramas)
“Non é só a narración do proceso de investigación de Turing e o seu equipo
(…) senón que tras esa investigación atópase o retrato dun home e dunha época
chea de contradicións.” (Israel Paredes Badía, Dirigido por…)
“A principal forza da película é Benedict Cumberbatch, un actor cun talento
que brilla aquí nas súas cotas máis altas. Unha actuación explosiva emocionalmente
complexa”
No hay comentarios:
Publicar un comentario